AGADIC

Centro Dramático Galego

servame_580x250

CDG obras: Serva me, servabo te

De Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez

Ano: 2021

Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez

Corpos en loita

O corpo é o centro do noso universo creativo. Esta vez seremos un exército de corpos suorentos fronte a un edificio de vinte alturas. Fronte a una tormenta eléctrica. Fronte a un monstro descoñecido e xordo. Nós, que compartimos un misterio… e conspiramos.

O cemento e nós. O mar e nós. A guerra e, ante ela, nós.

Serva me, servabo te fala dos afectos, do colectivo. Do agarrarse forte das mans ante o adverso. Do soster o corpo que permanece ao meu carón coma se fose o meu. Porque son eu.

O escenario que se presenta é o dun corpo nu ante a inmensidade. A súa forza na fraxilidade. A violencia que emana dun saco de pel e ósos que se axita por pura supervivencia, coma un peixe fóra da auga.

Seguir reivindicando os corpos dende unha visión política e social onde a materia nos iguala sen distincións de ningún tipo. Empregar as ferramentas das artes do corpo para poñer en valor isto, unha eterna loita pola igualdade en dereitos e dignidade. A igualdade dos corpos ante unha invasión de lava tras a erupción dun volcán próximo. Ou ante a caída dunha cúpula de cristal levantada por unha persoa calquera hai máis de 200 ou 2000 anos.

Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez

Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez, xunto con Laura Iturralde, forman Pálido Domingo, compañía de artes do corpo de orixe galega que ten como obxectivo principal afondar na linguaxe do corpo a partir da investigación nas técnicas interpretativas de adestramento físico ligadas ao Aikido, á danza contemporánea e ao teatro físico.

Basean a súa actividade en dúas liñas de traballo fundamentais: a artística, por medio da creación e distribución de espectáculos no ámbito da creación contemporánea, e a pedagóxica, impartindo cursos destinados á formación de creadoras e creadores ligados á danza, ao teatro e ás artes do movemento.

Non hai que ser unha casa para ter pantasmas foi o seu primeiro traballo como compañía, recoñecido co 1º premio Xuventude Crea 2017, co Premio da Crítica no Certame Coreográfico de Madrid 2018 e co 2º Premio no Certame DanzaXtrema 2019.

Pentecostés é o seu segundo traballo, estreado en xaneiro de 2020 no teatro Ensalle de Vigo e presentado no festival Escenas do Cambio 2020.

Ao longo destes anos, os seus espectáculos xiraron por diferentes espazos e festivais tanto nacionais como internacionais, tales como o festival Logos (Sardeña), festival Corpo(a)terra (Ourense), Circuíto Bucles (Valencia), Teatro Pradillo (Madrid), Teatro Colón (A Coruña) ou Espazo Inestable (Valencia), á vez que como compañía deseñaron unha serie de obradoiros de Aikido aplicado ás artes do corpo que compartiron en espazos como o Conservatorio Superior de Danza de Valencia, o Conservatorio Profesional de Danza de
Lugo, Descalzinha Danza (Madrid) ou Estudio 3 (Madrid).

Belén Bouzas
Olga Cameselle
Bal Castro
Raquel Crespo
María Llanderas
Diego M. Buceta
Fran Martínez
Cris Vilariño

Ficha artística:

Dirección e dramaturxia: Belén Bouzas, Diego M. Buceta e Fran Martínez
Elenco: Belén Bouzas, Olga Cameselle, Bal Castro, Raquel Crespo, María Llanderas, Diego M. Buceta, Fran Martínez, Cris Vilariño

Equipo artístico:
Escenografía: Laura Iturralde e Carmen Triñanes
Vestiario: Xoel Álvarez
Iluminación e videocreación: Laura Iturralde
Dirección musical: Xavier Bértolo
Asistencia coreográfica: Roberta Ferrara
Asistencia de dirección: AveLina Pérez
Asistencia de produción: Xandre Vázquez

Realizacións:
Escenografía e utilería: Equipo técnico do CDG
Vestiario: Equipo técnico do CDG
Coordinación e corrección de textos: Rosa Moledo
Fotografías e vídeos: Miramemira
Deseño gráfico: Trisquelia

Agradecementos: Ao CDG por darnos esta oportunidade e por abrir o seu espazo ás artes do movemento e a todas as creadoras que desde Galicia traballamos co corpo. A todo o equipo técnico e humano do CDG, por facilitar a nosa estancia na súa casa e permitir, nestes tempos estraños, que a cultura siga viva. E moi especialmente a María José, Marián e María José de Quipus Asesores, por seren os nosos anxos gardiáns cos papeis e xestións, que tanto nos custan, e preservar así a nosa saúde mental. Á Cidade da Cultura, a María Pereira e ao seu equipo.

Ver todas

Galería de imaxes

Anterior Ampliar Seguinte

AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal