[27/10/2006] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra O regreso ao deserto. Segundo Alfredo Rodríguez Fernández, responsable deste manual, trátase "dunha selección de documentos; un caderno para empregar libremente, para axudar á reflexión sobre a creación dun espectáculo".
Esta obra, coa que o CDG inicia unha nova liña de publicacións educativas relacionadas cos seus espectáculos, facilitará o traballo dos profesores e alumnos que asistan ás funcións escolares desta montaxe -o 25 de outubro e 2, 8 e 15 de novembro, ás 11.00 h. no Salón Teatro de Santiago- como complemento da súa formación docente.