De Ana Carreira
Ano: 2024
Nuno M. Cardoso, director
Cocreación de Ana Carreira, Nuno M. Cardoso e o equipo do proxecto Nós/Nous
Sobre o porvir, a rebeldía e a liberdade
O tema de partida para o espectáculo teatral Na hora dos cans é a pesimista concepción da sociedade sobre o porvir da xuventude, argumentada, entre outros, por aspectos económicos e sociolóxicos.
Tamén impera a consideración, non exenta de prexuízos, de que as persoas novas carecen do impulso rebelde que se esperaría de quen comeza unha vida autónoma.
Quizais non estean faltas deste impulso e, ante as frustrantes expectativas de futuro, respondan con parálise ou agresividade ou combinen ambos segundo se lles presenten as perspectivas.
Que podemos pedir a quen lle concedemos un peor porvir do que os seus pais tiveron no seu momento? Que pensa a xuventude das súas opcións?
Tendo en conta que o proxecto NÓS/NOUS ten un carácter pedagóxico e profesionalizante, pretendemos reflectir a singularidade creativa e persoal de cada membro da equipa e a súa relación co mundo que lles toca compartir, fuxindo da imaxe estereotipada da xuventude comunmente aceptada pola sociedade. Do mesmo xeito, traballamos técnicas que engadan, ás xa acadadas nas súas respectivas escolas, recursos creativos para vindeiros proxectos profesionais.
Por iso, coa premisa de creación dunha dramaturxia colaborativa, formulamos diversas propostas de reflexión nas que poidan indagar as ideas sobre o porvir, a rebeldía e a liberdade, a partir de referentes literarios, académicos, plásticos e os da súa propia experiencia vital.
En definitiva, non só darlle ao grupo a oportunidade de rebelarse ante as funestas expectativas sobre o futuro, senón crear una idea de comunidade co público asistente.
En calquera caso, é un traballo de reflexión e pensamento crítico, sen o cal a arte e a vida non pode existir en plenitude.
ANA CARREIRA
Ana Carreira
Graduada en Arte Dramática na especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia pola ESAD de Galicia, entra en contacto co mundo teatral da man de Achádego Teatro e da Aula de Teatro da USC. Como actriz ten participado en espectáculos de Ubú Teatro (da que é cofundadora) e EscénaTe e Pínconús. Como narradora oral posúe unha extensa experiencia en moi diversos ámbitos: festivais e ciclos de narración oral, programas de televisión, campañas escolares, itinerarios culturais, campañas de animación á lectura e rotas literárias. No ano 2014 recibe o premio Varela Buxán de Dramaturxia, pola súa peza Un intre antes do solpor. Finalista do premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico por Veos. No 2018 foi nominada ao premio María Casares de mellor texto orixinal por Resaca. No 2022 recibe o premio Manuel María de literatura dramática infantil pola obra Nin me amoles. Traballou como dramaturga para compañías como Vía 6, Limiar Teatro, Il Maquinario, Galeatro, Ítaca e Centro Dramático Galego. Na actualidade combina a súa faceta de narradora oral coa de dramaturga.
Nuno M. Cardoso
Director, actor, director artístico e profesor. Escenificou máis de cen obras de autores como Shakespeare, Goethe, Lessing, Büchner, Wedekind, Karl Kraus, Beckett, Fassbinder, Pasolini, Koltès, Heiner Müller, Simon Stephens e Sheila Callaghan. Como actor traballou cos directores Ricardo Pais, Nuno Cardoso, Giorgio Barberio Corsetti, Jean‑Louis Martinelli, Cláudio Lucchesi, Rogério de Carvalho, Manuel Sardinha, António Durães, entre outros, e cos directores Manoel de Oliveira e Saguenail. É membro do NIEP - Núcleo de Investigação em Estudos Performativos e do comité portugués de EURODRAM - Rede Europea de Tradución Teatral. Director do proxecto Cassandra para RTP ‑ Radio e Televisión de Portugal. Coordinador do DRAMAT do Centro de Documentación e Dramaturxias do TNSJ. Doutorando en Arte Contemporánea no Colégio das Artes da Universidade de Coimbra, ten un máster en Teatro - Rama de Escenificación pola Escola Superior de Teatro e Cinema e o Curso Internacional Itinerante de Perfeccionamento Teatral da École des Maîtres. Profesor convidado na licenciatura de Teatro da Universidade do Minho.
Alejandra Quijano Jordan
Aléxia Mengas
Ângelo Castro
Catarina Só
Noemi Pardo
Rita Couceiro Pinto
Théo Verdier
Vasco Paixão
Dirección: Nuno M. Cardoso
Dramaturxia: Ana Carreira
Interpretación: Alejandra Quijano Jordan, Aléxia Mengas, Ângelo Castro, Catarina Só, Noemi Pardo, Rita Couceiro Pinto, Théo Verdier, Vasco Paixão,
Escenografía: Justine Baron
Vestiario: Rafa Alves
Deseño de iluminación: Amelia Poyato
Asistencia de dirección: Susana Villaverde
Dirección escénica: Helena Matos
Produción: Joaquim Salgueiro
Parcería: Axencia Galega das Industrias Culturais/Centro Dramático Galego, Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude/Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, École Nationale Supérieure des Arts et Techniques du Théâtre, Instituto Politécnico de Lisboa/Escola Superior de Teatro e Cinema, Instituto Politécnico do Porto/Escola Superior de Música e Artes do Espetáculo, Les Célestins, Théâtre de Lyon, Teatro Nacional D. Maria II, Teatro Nacional São João
Proxecto financiado polo programa europeo Erasmus+ K2
Duración: 1h40’
Idade recomendada: +16 anos
Xuño 2024
Porto, no Teatro Carlos Alberto
Xoves 6. Función. 20.00 h
Venres 7. Función. 22.00 h
Sábado 8. Función 20.00 h
Domingo 9. Función. 17.00 h
Lisboa, no Teatro Ibérico
Venres 21. Función. 19.00 h
Sábado 22. Función 19.00 h
Domingo 23. Función. 19.00 h
Lyon, Francia, no Les Célestins, Théâtre de Lyon
Xoves 27. Función. 19.00 h
Venres 28. Función. 19.00 h
Sábado 29. Función 19.00 h