AGADIC

Centro Dramático Galego


noite de reis ficha

CDG: Noite de Reis. Ou o que queirades

De William Shakespeare

Ano: 2007

Quico Cadaval, director

Sebastián e Violeta, irmáns xemelgos, naufragan ante a costa de Ilíria. Violeta consegue chegar case sen vida á praia. Ela cre que Sebastián morreu. Vestida de home e facéndose pasar por un paxe novo co nome de Cesario, pasa a servir na corte do duque Orsino que está "poética, apaixonada e desesperadamente namorado" da aflixida Lady Olivia, que o rexeita continuamente. Orsino utiliza a Cesario como confidente e como mensaxeiro para declararlle o seu amor a Olivia pero Cesario -Violeta, en realidade- comeza a namorarse de Orsino mentres que Olivia, pola súa parte, se namora do mensaxeiro, que é Cesario.

Namentres, Malvolio, servidor de Olivia, perseguirá o amor da súa ama e, a causa dunha confusión amañada, crerase correspondido, producíndose unha serie de situacións hilarantes que o levaran case a entolecer. Ao mesmo tempo, Antonio, capitán de barco, consegue rescatar do mar a Sebastián. Ambos desembarcan en Ilíria. A presenza de Sebastián na cidade será o comezo do fin do enredo. Os malentendidos e cruzamentos de parellas avivados por Festas (bufón da corte de Orsino), enganando a André (burgués que tamén pretende a Olivia) e burlando a Malvolio resolveranse finalmente.


William Shakespeare naceu en Stratford-upon-Avon en 1564 e alí morreu en 1616. Coñecido como o Bardo de Avon, é considerado o escritor máis destacado da lingua inglesa e un dos máis célebres da literatura universal. As súas pezas dramáticas son traducidas a multitude de idiomas e represéntanse en todo o mundo. A súa obra é tal que moitas das súas personaxes aínda son obxecto de cuantiosos estudos. Unha das características máis salientables é a profunda e complexa definición psicolóxica das súas perxonaxes.

Casou con Anne Hathaway en 1582; tres anos máis tarde estableceuse como actor en Londres e uniuse ao grupo teatral The Chamberlain's Men, renomeado máis tarde como The King's Men, cos cales actuaría en The Globe Theater.

A publicación, en 1593, do seu poema Venus e Adonis, moi ben acollido nos ambientes literarios londinenses, foi un dos seus primeiros éxitos. Da súa produción poética posterior cabe destacar A violación de Lucrecia (1594) e os Sonetos (1609), de temática amorosa e que por si sós o situarían entre os grandes da poesía anglosaxoa.

Con todo, foi a súa actividade como dramaturgo o que deu sona a Shakespeare na época. A súa obra, en total catorce comedias, dez traxedias e dez dramas históricos, é un exquisito compendio dos sentimentos, a dor e as ambicións da alma humana. Tras unhas primeiras tentativas en que se transparenta a influencia de Marlowe, antes de 1600 apareceron a maioría das súas «comedias alegres» e algúns dos seus dramas baseados na historia de Inglaterra, como Henrique VI, Primeira, Segunda e Treceira parte (1590-1592) e Ricardo III (por volta de 1593). Destaca sobre todo a fantasía e o sentido poético das comedias deste período, como en Soño dunha noite de verán (1594).

No ano 1595 publica Romeo e Xulieta, a súa obra máis popular e unha das máis representadas. A partir de 1600 Shakespeare publica as grandes traxedias e as chamadas «comedias escuras». Os grandes temas son tratados nas obras deste período cos acentos máis cobizosos, onde o tráxico xorde sempre do detalle realista ou do penetrante tratamento psicolóxico da personaxe, que induce o espectador a identificarse con el: así, Hamlet (1601) reflicte a incapacidade de actuar ante o dilema moral entre vinganza e perdón; Otelo (1602), a crueldade gratuíta dos ciumes; e Macbeth (1607), a cruel tentación do poder. Outras obras importantes desta etapa son: Xulio César (1600), O rei Lear (1605), Antonio e Cleopatra (1606).

Nas súas últimas obras, a partir de 1608, cambia de rexistro e entra no xénero da traxicomedia, a miúdo cun final feliz no que se entrevé a posibilidade da reconciliación, como sucede en Pericles (1608) ou en A tempestade (1611). Shakespeare publicou en vida só 16 das obras que se lle atribúen; por iso, algunhas delas posiblemente se terían perdido de non publicarse (poucos anos despois da morte do poeta) o Folio, volume recompilador que serviría de base para todas as edicións posteriores.


Noite de Reis portada pequena

Actor, director e adaptador teatral, foi o impulsor do movemento de contacontos xurdido en Galicia na década dos noventa. Aprendeu a contar contos desde moi neno grazasa unhas vellas que se encargaron de transmitirlle historias, e tamén grazas ás persoas, da máis variada índole, que pasaban pola taberna da súa nai.

Comezou na interpretación teatral finais dos setenta no Centro Dramático Galego, dirixindo as pezas Como en Irlanda e O ano da cometa. A mediados dos oitenta, funda a súa propia compañía, O Moucho Clerc.

Na súa faceta como dramaturgo produciu os textos O códice clandestino, unha dramaturxia de poemas galaico-portugueses, O rouxinol da Bretanha sobre BD de Hugo Pratt, A caza do snark, sobre o poema de Lewis Carrol, Se o vello Simbad volvese ás illas e O ano da cometa (ambos os dous dos romances homónimos de Álvaro Cunqueiro), Rapatú, do conto popular europeo A sogra do diablo, ou Espantoso!!!, que foi premiado co María Casares ao mellor texto orixinal do teatro galego en 2002.

Traballou en diferentes producións da TVG, así como en curtas e longametraxes. Continúa a traballar no audiovisual como actor e como guionista. Foi profesor de interpretación da edición portuguesa do programa televisivo Operación Triunfo no ano 2003.


(por orde alfabética):
Suso Alonso: Farignelli
María Bouzas: Olivia
Xan Cejudo: André
Marcos Correa: Orsino
Susana Dans: María
Borja Fernández: Sebatián
Rebeca Montero: Violeta
Bernardo Martínez: Padre Martini
Víctor Mosqueira: Festas
Simone Negrín: Antonio
Xosé Manuel Olveira "Pico": Tobías
Ramón Orencio: Gambini
Marcos Orsi: Malvolio


Axudantía de dirección: Marta Lago e Rebeca Montero
Espazo escénico e iluminación: Baltasar Patiño
Figurinos: Gilda Bonpresa
Espazo sonoro e dirección musical: Bernardo Martínez
Maquillaxe: Dolores Centeno
Realización escenografía: Carpintería Metálica Galanas e Rodrigo Roel
Realización de vestiario: Concha Abad, Milagros Reimúndez, Cristina Cordido e
Mari Carmen Morales

Caderno pedagóxico: Miguel Vazquez Freire (Galix)
Asesor de italiano: Simone Negrín
Edición de libreto: Mon Serodio
Fotografía: Tono Arias
Deseño gráfico: Fausto Isorna
Gabinete de imaxe: Signum
Revisión lingüística: Rosetta
Gabinete de comunicación: Trisquelia
Coordinación Espazos CDG: Xocas López


Outubro 2007

Ourense, no Teatro Principal
Xoves 25. Función para institutos. 11:00 horas
Venres 26. Función para institutos. 11:00 horas
Sábado 27. Función. 20:00 horas
Domingo 28. Función. 20:00 horas

Carballo, no Pazo de Cultura
Mércores 31. Función. 21:00 horas

Novembro 2007

O Barco de Valdeorras , no Teatro Lauro Olmo
Xoves 8. Función para institutos. 12:00 horas
Venres 9. Función. 21:00 horas

Ferrol , no Teatro Jofre
Xoves 15. Función para institutos. 11:00 horas
Venres 16. Función para institutos. 11:00 horas
Sábado 17. Función. 20:30 horas
Domingo 18. Función. 20:30 horas

Vilagarcía de Arousa, no Auditorio Municipal
Venres 23. Función para institutos. 11:00 horas
Sábado 24. Función. 21:00 horas

Tui, no Teatro Área Panorámica
Venres 30. Función. 21:00 horas

Decembro 2007

Vigo, no Centro Cultural Caixanova
Martes 4. Función. 20:30 horas
Mércores 5. Función. 20:30 horas

Ribadeo, no Auditorio Municipal
Venres 14. Función para institutos. 11:00 horas
Sábado 15. Función. 20:30 horas

Lugo, no Auditorio Gustavo Freire
Luns 17. Función. 21:00 horas

Pontevedra, no Pazo da Cultura
Xoves 20. Función para institutos. 11:30 horas
Venres 21. Función. 21:00 horas

Xaneiro 2008

A Coruña, no Teatro Rosalía de Castro
Xoves 10. Función para institutos.
Venres 11. Función para institutos.
Sábado 12. Función.
Domingo 13. Función.

Narón, no Auditorio Municipal
Mércores 16. Función para institutos.
Xoves 17. Función para institutos.
Venres 18. Función.
Sábado 19. Función.


Ver todas

Galería de imaxes

Anterior Ampliar Seguinte



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal