AGADIC

Centro Dramático Galego


Regreso ao deserto

CDG: O regreso ao deserto

Autor: Bernard-Marie Koltès

Ano: 2006

Directora: Cristina Domínguez Dapena

É 1960. A guerra de Francia con Alxeria non dá rematado. Mathilde Serpenoise, acompañada de Fátima e Eduardo, os seus fillos, volve á casa que herdou de seu pai, na provincia francesa, despois de moitos anos a vivir en Alxeria.

Mathilde, que foi expulsada de Francia por unha suposta falta que cometeu, regresa a súa casa despois de 15 años de exilio decidida a vingarse da súa familia y da pequena sociedade de provincias que a obrigou a abandonar o seu país. Na súa casa esta agardándoa seu irmán Adrián, que agora ocupa a casa coa súa familia.

Dende o momento da chegada, o conflicto entre os dous irmáns non decae en ningún momento. Si Mathilde esixe o recoñecemento da propiedade da casa, o seu irmán pon en dúbida esta propiedade, ao abandonar Matilde a casa á súa sorte durante tantos anos.

A resposta sempre é contundente: "ti herdaches a fábrica, eu a casa"
Adrien non está disposto a convivir cunha estrafalaria, alguén que desertou da súa condición social, e que agora volve, con dous fillos de non se sabe quen, a socavar os cimentos da familia, da casa e da boa sociedade burguesa.

Pero non son soamente os maiores os que teñen problemas de comunicación. Os fillos de ambos os irmáns, cerca xa dos trinta anos, non acaban de adaptarse á nova situación.

Fátima e Edouard botan de menos o sol, a calor, a terra. O fillo de Adrien non acaba de aceptar os seus primos como novos propietarios da casa. A relación entre eles é tirante, non se recoñecen nos lazos de sangue nin na proximidade das súas idades. Ademais Fátima atópase rara na casa, sente frío todo o tempo e ve estrañas visións que fan dubidar da súa estabilidade emocional.

Como resultado, a casa vólvese invivible, as disputas son continuas e os habitantes da casa que non están metidos de cheo no conflito, a ama da casa e un criado árabe tentan, sen conseguilo, facer entrar en razón aos dous irmáns, enfrascados nunha disputa que está arruinando as súas vidas e a súa saúde.

Cal é a saída? Alguén terá que ceder e abandonar a casa, a cidade...quen o vai facer?, a onde?, ao deserto, de novo?


Nacido en Metz en 1948, Bernard-Marie Koltès estudou no colexio xesuíta de Saint Clément até o Bacharelato. Despois dalgúns anos de piano e de órgano, e dalgunhas semanas de xornalismo e de estudos na escola do Centre Dramatique del'Est en Strasbourg, funda a compañía Le Théâtre du Quai para a que escribe Les Amertumes (1970), La Marche – Le Procès ivre (1971) e Récits morts (1973) que el mesmo dirixe.

Para a radio, escribe L’héritage (1972), e Des voix sourdes (1973).
Despois dunha viaxe á URSS en 1973, escribe a novela La fuite à cheval très loin dans la ville, logo Le jour des meurtres dans l’histoire d’Hamlet.
En 1976, Koltès escribe La nuit juste avant les forêts que dirixirá el mesmo en 1977 e que logo será representada en toda Europa. En 1977 creará Sallinger.

Despois dunha viaxe a Nicaragua, a Guatemala e ao Salvador, escribe Combat de nègre et de chiens en 1979.

A partir de 1983, comeza a súa colaboración con Patrice Chéreau quen dirixirá Combat de nègre et de chiens, logo "Quai ouest" (en 1985), Dans la solitude des champs de coton (1986) e Le retour au désert (1988).

As súas pezas son representadas en toda Europa, especialmente en Alemaña, onde obtén un grande éxito.

Entre 1981 e 1985, fai numerosas viaxes a Nova York e ao Senegal.
A súa derradeira peza escrita en 1988 é Roberto Zucco, estreada en Berlín en 1990 por Peter Stein, e representada a primeira vez en Francia no TNP por Bruno Boeglin en 1991.

Morre en 1989, despois de varios meses de viaxe por México, por Guatemala e unha estadía en Lisboa.


Matilde Serpenoise (50 anos, vén de Alxeria) Luísa Merelas
Adrien, seu irmán, industrial Celso Parada
Mathieu, fillo de Adrián Toni Salgado
Fátima, filla de Mathilde (vén de Alxeria) Rocío González
Edouard, fillo de Mathilde (vén de Alxeria) Alberto Rolán
Marie Ronzerieulles, primeira muller de Adrián (está morta) Ursia Gago
Marthe, a irmán de Marie, segunda muller de Adrián Josefa Barreiro
Maame Queuleu, ama Pilar Pereira
Aziz, criado Manuel Areoso
O Gran Paracaidista Negro Robert Matthews
Saïfi, patrón dun café árabe Mohamed Azibou
Plantières, perfecto da policía César Goldi
Borny, avogado Alfredo Rodríguez
Sablon, prefecto do departamento Vicente Montoto


Espazo escénico Xoan Anleo
Espazo sonoro Uxía Pedreira
Deseño iluminación Octavio Mas
Deseño vestiario e estilismo La Canalla (Francisco J. Soto e Patricia Soto)
Deseño gráfico Signum
Fotografía Tono Arias
Realización perruquería actores Anil Perruqueiros
Realización vestiario Concha Abad, Clotilde Vaello, Milagros Reimúndez, Cristina Cordido, María Ángeles Martínez

Dossier Padagóxico Alfredo Rodríguez Fernández
Tradución Fernando Moreiras
Asesora Movemento Escénico Olga Cameselle
Axudante dirección Anabel Gago
Dirección Cristina Domínguez Dapena


Outubro 2006

Santiago de Compostela no Salón Teatro
Venres 20. Estrea. 21:00 horas
Sábado 21. Estrea. 21:00 horas
Domingo 22. Estrea. 18:00 horas
Mércores 25. Función instituto. 11:00 horas
Xoves 26. Función. 20:30 horas
Venres 27. Función. 20:30 horas
Sábado 28. Función. 20:30 horas
Domingo 28. Función. 18:00 horas

Novembro 2006

Santiago de Compostela no Salón Teatro
Mércores 1. Función instituto. 11:00 horas
Xoves 2. Función. 20:30 horas
Venres 3. Función. 20:30 horas
Sábado 4. Función. 20:30 horas
Domingo 5. Función. 18:00 horas
Mércores 8. Función instituto. 11:00 horas
Xoves 9. Función. 20:30 horas
Venres 10. Función. 20:30 horas
Sábado 11. Función. 20:30 horas
Domingo 12. Función. 18:00 horas
Mércores 15. Función instituto. 11:00 horas
Xoves 16. Función. 20:30 horas
Venres 17. Función. 20:30 horas
Sábado 18. Función. 20:30 horas
Domingo 19. Función. 18:00 horas

Lugo, no Auditorio Gustavo Freire
Venres 24. Función. 20:30 horas

Decembro 2006

Pontevedra, no Teatro Principal
Sábado 2. Función. 21:00 horas

A Coruña, no Teatro Rosalía de Castro
Martes 5. Función. 20:30 horas
Mércores 6. Función. 20:30 horas

Ferrol, no Teatro Jofre
Sábado 9. Función. 20:30 horas
Domingo 10. Función. 20:30 horas

Ourense, no Teatro Principal
Mércores 20. Función. 20:30 horas
Xoves 21. Función. 20:30 horas

Xaneiro 2007

Ribadeo, no Auditorio Municipal
Domingo 7. Función. 21:00 horas

Vigo, no Teatro García Barbón
Sábado 13. Función. 20:30 horas

Narón, no Auditorio Municipal
Venres 19. Función. 20:30 horas
Sábado 20. Función. 20:00 horas


Ver todas

Galería de imaxes

Anterior Ampliar Seguinte



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal