Autora: Ana Vallés
Ano: 2006
Directora: Ana Vallés
En cesión a Matarile Teatro
A illa Reunión como un espazo mítico, unha illa para atopármonos…
A historia ten lugar en Galicia, é dicir, nalgures, nunha illa Reunión real pero imaxinaria, afastada, inventada para xuntármonos. Ese espazo onde cada quen procede dun lugar ou é herdeiro dunha historia de viaxeiros. Un lugar que nos permite mudar a nosa imaxe pero levando ás costas todo o pasado, o noso e o herdado.
-Á hora de recompilar datos sobre un lugar, caben os soños?
-Si, caben os soños. Os soños sempre se van mesturando cos datos.
-E os sentimentos?
-Si, os sentimentos tamén caben.
A decisión de quedar e o desexo de marchar.
A necesidade de abrir as xanelas e que corra o aire.
Ana Vallés
Directora de Illa Reunión
Autora, directora, coreógrafa e actriz teatral, Ana Vallés funda en 1986 xunto a Baltasar Patiño a compañía compostelá Matarile Teatro, coa que estrea unha vintena de espectáculos a través dos que explora as distintas linguaxes da escena, propoñendo unha comunicación directa que prefire suxerir antes que dicir. Destacan entre estas montaxes os títulos Historia natural (eloxio do entusiasmo) (2004-2005) –premio do público na pasada edición da Feira do Teatro de Galicia–, Acto seguido (2003), Sen sombra de duda (2002), Quen te quere, quen te chama (2001), A brazo partido (2001), Primeiro movemento: para figuras brancas (2000), The Queen is Dead (1999), Teatro para camaleóns (1998), Strangers in the night (1998), 12Rounds (1997) –xunto a Baltasar Patiño–, Negro é negro (1996) e Zeppelin nº 7 (1996), entre outros.
Na temporada 2004-2005 Matarile Teatro coproduce con Provisional Danza (Madrid) Mi pie izquierdo, un dúo que xorde do encontro entre Ana Vallés e Carmen Werner, coreógrafa e bailarina da compañía madrileña. A relación entre as dúas creadoras comeza en 1993, ano da apertura do Teatro Galán en Santiago de Compostela, espazo en que Ana Vallés exerce tamén como programadora. Dende entón, Werner e Provisional Danza presentan regularmente os seus espectáculos na sala Galán e comeza una colaboración que se concreta nas coproducións de Café de noite (1993) e La casa en primer plano (1994), ambas as obras ideadas por Vallés, quen realiza para o grupo madrileño a dirección de escena de Fine Romance (2000) e Matar el 9 (2005).
Esta creadora galega tamén ten traballado con Uvegá-Escola Dramática Galega no deseño coreográfico de Electra (1994) e con Andrés Corchero en Rara avis (2001), ademais de dirixir a curta de teatro A actividade propiamente gráfica tal como se desprazan os estilos polo territorio para a compañía Marta Pazos/Borja Fernández (2005) e de levar a escena media ducia de performances.
Durante a súa ampla traxectoria artística foi recoñecida con diferentes galardóns, como o María Casares á Mellor Dirección Teatral por Café acústico (1992) e The Queen is Dead (2000), espectáculo polo que tamén obtivo en 2001 o segundo premio do IV Certamen Nacional de Teatro para Directoras de Escena. Ao ano seguinte repetiría galardón neste mesmo certame con A brazo partido. Con Historia Natural recibiu en 2005 o Premio ao Espectáculo máis Orixinal e Innovador do Festival de Teatro y Artes de Calle TAC de Valladolid.
Actores e bailaríns
Dende Canarias con bombilla Daniel Abreu
Dende Alemaña con bolso vermello Helen Bertels
Dende Bermeo sen idade para bailar Matxalen Bilbao
De viaxe dende Monelos Xoán Cejudo
Dende Antas de Ulla con táboa para pasar o ferro Antón Coucheiro
En burro dende Salcedo a Francia Borja Fernández
Dende Arxentina en barco Roberto Leal
Dende Pontevedra sen tempo para chorar Marta Pazos
Dende Ponferrada con mimosas Emma Silva
Dende Amorebieta con gafas de sol Sergio Zearreta
Músicos
Bombardino Pablo Dopazo
Trompeta Manuel O. Paino
Tuba Hugo Portas
Tuba e tuba con auga Pablo Santaclara
Percusións Borja Fernández
Percusións e asubíos Sergio Zearreta
Deseño de iluminación e espazo escénico Baltasar Patiño
Vestiario Marina Wainer-Ana Vallés
Arranxos musicais Luis Soto
Selección e produción musical Baltasar Patiño
Deseño gráfico Taller DD
Fotografía María Chenut
Imaxe do cartel e programas Baltasar Patiño
Asesoramento lingüístico Begoña Rei
Realización de elementos escenográficos Armesa
Centro Dramático Galego
Xefa de Produción Carme Varela
Actividades culturais e educativas Víctor López Carbajales
Secretaria de Dirección Manuela Domínguez Amoscótegui
Axudante de produción Laura Hevia Solares
Axudante de Produción-Dirección María Casar Díaz
Equipo técnico do AGADIC
Rexedor Fran Veiga
Encargado de estrutura escénica Salvador Forján
Técnico de máquinas Xesús Rodríguez Arias
Tremoias Elixio Vieites, Mauro Chao, Eduardo Canedo, Antonio Mayo "Toti", René Rodríguez-Moldes, Xaquín Rei
Técnico de iluminación Juanjo Amado
Auxiliar de iluminación Antonio Constenla
Técnicos de son Guillermo Vázquez Ríos, Antonio Budiño
Auxiliar de son Hugo Peñamaría
Auxiliar de imaxe e son Juan Carlos Pacios Martínez
Encargado de talleres Pablo Seoane
Xastras Concha Abad, Cloti Vaello