AGADIC

Centro Dramático Galego


Seis personaxes na procura de autor

Seis personaxes na procura de autor

Autor: Luigi Pirandello

Ano: 2005

Director: Xulio Lago

"Abordar a posta en escea de Seis personaxes... é un soño recorrente en min, un desexo experimentado durante anos con grande intensidade [...].

Relacionarse con esta peza é unha perigosa aventura, tanto para os creadores como para os públicos receptores de tan insólita proposta; o desafío e a provocación que nos anos vinte do pasado século supuxo a estrea de Seis personaxes á procura de autor debeu resultar, para uns e para outros, desde a aceptación ou desde o rexeitamento, unha experiencia especial, e supoño que nunca deixou de ser así ao long de todo o século XX cada vez que se puxo en escena. O meu desexo é que outra volta sexa así tamén nesta ocasión, pois que peza e o autor seguena ser ?eterna novidade', como chegou a dicir algún crítico [...]."

Xúlio Lago Director


Luigi Pirandello (Agrigento, 1867- Roma, 1936). É considerado o autor teatral máis importante do período de entreguerras en Italia. Estudou nas Universidades de Roma e Bonn, e foi profesor de literatura italiana na Escola Normal Feminina desde 1897 ata 1921, ano no que deixou a docencia para dedicarse por completo á creación literaria, tras a publicación de Seis personaxes á procura de autor.

Outras das obras teatrais máis destacadas do autor son O pracer de ser honrado (1917), Así é, se así vos parece (1917), Enrique IV (1922) e Esta noite improvísase (1930). Obtivo o Nobel de literatura no 1934.


Personaxes da comedia por facer

O pai Miguel Pernas
A nai María Barcala
A fillastra Muriel Sánchez
O fillo Xosé Manuel Esperante
O rapaz Adrián Seijas
A meniña Laura Míguez
Madame Pace (despois, evocada) Ánxela G. Abalo

Os actores da compañía

Director Gustavo Pernas Cora
A primeira actriz Rebeca Montero
O primeiro actor Damián Contreras
A actriz característica Ánxela G. Abalo
A dama nova Lucía Regueiro
O galán mozo Toño Casals
O apuntador Xan Cejudo
O axudante de dirección Jouse García
O maquinista Marcos Viéitez


Escenografía e vestiario Antonio Simón
Deseño de iluminación Antonio Simón e Xúlio Lago
Maquixalle e perruquería Dolores Centeno
Tradución Xosé Manuel Pazos
Estudo José Manuel González Herrán
Produción Francisco Oti Ríos
Auxiliar de dirección Imma Antonio
Dirección e dramaturxia Xúlio Lago


Ver todas

Galería de imaxes

Anterior Ampliar Seguinte



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal