AGADIC

Centro Dramático Galego


As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

As laranxas máis laranxas de todas as laranxas

Autor: Carlos Casares

Ano: 2004

Director: Jose Caldas

"[...]Os nenos, todos os nenos, entréganse, con máis entusiasmo, a inventar os seus recintos de realidade, dándolle voltas de parafuso ao real até construír o seu propio espazo verosímil, que aceptar un irreal alleo, alleante, ausente e decote ateigado de moralina. Hai unha maneira atroz de ser neno: non selo.

Carlos Casares, neno que foi por terras de Limia, en tempos de fame e de posguerra, non forneceu o seu imaxinario de fadas cursis e princesas ridículas, senón de historias heroicas e aventuras asombrosas, da man, da boca do seu avó Herminio.

As páxinas da infancia, as únicas que logran salvar do naufraxio da vida, impregnarán a vida e a literatura de Carlos Casares e, xa que logo, comparecerán, tamén, en As laranxas máis laranxas de todas as laranxas propoñéndolle á literatura infantil galega unha paisaxe fundacional alonxada de tufos maniqueos.[...]"


Carlos Casares (Ourense, 1941-Vigo, 2002). Comezou a súa traxextoria literaria moi cedo, no ano 1965 publicaba en Grial os seus primeiros relatos. No ano 1975 obtería o Premio Galaxia e o da Crítica Española coa novela Xoguetes pra un tempo prohibido e no 1979 o Premio da Crítica Galega por Os escuros soños de Clío. Ademais de novela cultivou a literatura para nenos con obras como As laranxas máis laranxas de todas as laranxas ou A galiña azul.

Tamén cultivou xéneros como a biografía, o ensaio e o artigo xornalístico. En 1978 ingresou na Real Academia Galega. Dirixiu a Editorial Galaxia, a revista Grial e o Consello da Cultura Galega.


Elías Avelino González
Anxa Nuria Sanz
Veciño Gordo Lois Soaxe
Veciña Desdentada Xan Casas
Veciña Sabida Rocío González
Veciño da Escopeta Carlos Sante


Versión e dirección José Caldas
Escenografía e vestiarioMarta Sofía da Silva
Composición musical Bernardo Martínez
Iluminación Eduardo Alonso
Axudante de dirección Santi Mañasco
Estudo crítico Blanca Ana Roig Rechou
Xastras Concha Abad e María Negreira Fernández
Maquillaxe Dolores Centeno
Fotografía Miguel A. Fernández
Produción Francisco Oti Ríos
Realización Galiña, Ovo e Pantalla do Veciño da Escopeta Cachirulo
Realización de zapatos e narices de Toneladitas Pablo Giráldez, O Pastor
Perrucas Damaret
Lanzador de confeti Kabuki
Globos O globo
Guía Didáctica Magdalena de Rojas, Cristina Novoa e Pilar Sampedro (Autoras) e Óscar Villán (Ilustrador)


Ver todas

Galería de imaxes

Anterior Ampliar Seguinte



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal