[25/10/2006] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra O regreso ao deserto. Segundo Alfredo Rodríguez Fernández, responsable deste manual, trátase "dunha selección de documentos; un documento para empregar libremente, para axudar á reflexión sobre a creación dun espectáculo".