AGADIC

Centro Dramático Galego


Servizo educativo

Da man de Sheila García Prado e Ana Seoane Suárez

"Das musas ao teatro. O espazo do espectáculo en Galicia"

[17/03/2021] Este recurso pedagóxico inclúe un percorrido polos principais espazos teatrais de Galicia (entre eles, o Salón Teatro de Santiago de Compostela, a sede do CDG) e afonda nos elementos que conflúen na posta en escena dunha peza dramática, como as personaxes, a luz ou a escenografía. Ademais, contén actividades creativas para a rapazada e un glosario de termos teatrais

Elaborada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade, a publicación comeza cun percorrido por diferentes espazos teatrais de Galicia, como o Teatro da Beneficencia de Ortigueira, o Teatro Principal de Ourense, e o Teatro Principal e o Salón Teatro de Santiago de Compostela. Tamén se inclúen o Teatro Jofre de Ferrol, o Teatro Pastor Díaz de Viveiro, o Teatro Rosalía Castro e o Teatro Colón da Coruña, o Teatro Afundación (antigo García Barbón) de Vigo e o Teatro Principal de Pontevedra. Canto ao Salón Teatro, pódese ver unha ilustración do interior na que se identifican as diferentes zonas de oficinas, de camerinos ou o despacho de billetes, entre outras.

A continuación faise un repaso polos principais elementos das representacións, coas personaxes e máscaras; a luz, cunha explicación dos diferentes recursos técnicos utilizados; e a escenografía, tamén coas correspondentes técnicas. Cada unha destas partes recolle actividades creativas para realizar en papel.


Documentación


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal