Servizo educativo
O Centro Dramático Galego ten a vontade de abrirse ao sistema educativo. Así, ademais de continuar na liña do apoio ao teatro infantil e familiar, mantén un programa de visitas guiadas para escolares ao Salón Teatro. Estas poden complementarse cos planos do recinto especialmente destinados ao público infantil e xunenil, que poden descargarse
nesta páxina.
Doutra banda, o
CDG edita programas de apoio pedagóxico. Estes manuais, destinados aos docentes, complementan a programación de funcións abertas aos centros educativos. No apartado de
publicacións podes obter información sobre os manuais editados en papel. Ademais tes a opción de descargar dende aquí os últimos dosieres publicados en formato dixital:
DA MAN MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE (GÁLIX)
[15/11/2007] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra
Noite de Reis. Ou o que queirades, da man de Miguel Vázquez Freire (Gálix)
A MIRADA DOS MÁIS CATIVOS
[01/06/2007] Desde esta sección pódense ver os debuxos que fixeron algúns dos nenos e nenas que viron a obra de teatro
Tarará-chis-pum!
DA MAN DE ÁNXELA GRACIÁN (GÁLIX)
[21/05/2007] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra
A piragua, da man de Ánxela Gracián (Gálix)
DA MAN DE CRISTINA PÉREZ ASENJO
[23/02/2007] O Centro Dramático Galego vén de publicar a guía didáctica para o estudo da obra
Tarará-chis-pum!, da man de Cristina Pérez Asenjo
DA MAN DE ALFREDO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ
[25/10/2006] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra O regreso ao deserto. Segundo Alfredo Rodríguez Fernández, responsable deste manual, trátase "dunha selección de documentos; un documento para empregar libremente, para axudar á reflexión sobre a creación dun espectáculo".
Anteriores | 1
2
3
4
| 5 |