AGADIC

Centro Dramático Galego


Servizo educativo

O Centro Dramático Galego ten a vontade de abrirse ao sistema educativo. Así, ademais de continuar na liña do apoio ao teatro infantil e familiar, mantén un programa de visitas guiadas para escolares ao Salón Teatro. Estas poden complementarse cos planos do recinto especialmente destinados ao público infantil e xunenil, que poden descargarse nesta páxina.

Doutra banda, o CDG edita programas de apoio pedagóxico. Estes manuais, destinados aos docentes, complementan a programación de funcións abertas aos centros educativos. No apartado de publicacións podes obter información sobre os manuais editados en papel. Ademais tes a opción de descargar dende aquí os últimos dosieres publicados en formato dixital:

Inicio da campaña de captación escolar para a coprodución "Touporroutou da lúa e do sol"

Documento anexo[28/05/2013] O Centro Dramático Galego abre o prazo de reserva de localidades para a concertación da asistencia de centros de ensino durante o mes de outubro no Salón Teatro de Santiago de Compostela ao espectáculo Touporroutou da lúa e do sol, coprodución con Teatro do Noroeste sobre a obra de Roberto Vidal Bolaño, autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Fotografías e vídeos dos estudantes sobre Roberto Vidal Bolaño

Documento anexo[23/04/2013] Desde esta sección pódense ver as fotografías e os vídeos que fixeron algúns dos estudantes que viron a obra de teatro Días sen gloria no Salón Teatro, así como outros traballos sobre a vida e obra de Roberto Vidal Bolaño.


DA MAN DE MONTSE PENA PRESAS (GÁLIX)

Caderno pedagóxico de "Días sen gloria"

Documento anexo[01/04/2013] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra Días sen gloria, da man de Montse Pena Presas (Gálix)
DA MAN MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE (GÁLIX)

Caderno pedagóxico de "O profesional

Documento anexo[26/09/2012] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra O profesional, da man de Miguel Vázquez Freire (Gálix)
DA MAN MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE (GÁLIX)

Caderno pedagóxico de "Salomé"

Documento anexo[30/11/2010] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra Salomé, da man de Miguel Vázquez Freire (Gálix)

Anteriores | 1 2 | 3 | 4 5 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal