Salón Teatro
O Salón Teatro é o único espazo de exhibición escénica de titularidade exclusiva da Xunta de Galicia. Sede do
CDG, acolle as representacións da compañía pública, así como outro tipo de espectáculos. Convértese así en referente cultural para a cidade de Santiago de Compostela e a Comunidade Galega.
Desde a súa sede, a compañía pública continúa traballando a prol da acessibilidade, cunha clara aposta pola inclusión a través das habituais funcións descontraídas dos mércores, que posibilitan unha atmosfera acolledora para persoas necesidades especiais, e mais da aplicación do SINTE, un sistema propio de lingua de signos e autodescrición que funciona en todas as sesións, para que o público con discapacidade visual e/ou auditiva poida gozar igualmente do espectáculo.
Para a equipación técnica deste sistema de accesibilidade, contouse co financiamento do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música (INAEM) do Ministerio de Cultura.