AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

XOVES, VENRES E SÁBADO, ÁS 20.00 HORAS, RESPECTIVAMENTE

A inclusión social protagoniza a carteleira da semana cos espectáculos 'Camaleoa' e 'Soños' e un concerto pola saúde mental

[21/02/2023] A sede do Centro Dramático Galego no Salón Teatro de Santiago de Compostela continúa coa súa actividade ao tempo que a compañía da Xunta de Galicia entra na terceira semana de representacións da súa produción propia Shakespeare en Roma, ata o 2 de abril no Salón Nobre do Pazo de Fonseca.
PODERÁ VERSE DO 9 DE FEBREIRO AO 2 DE ABRIL NO SALÓN NOBRE DO PAZO DE FONSECA, EN SANTIAGO

Román Rodríguez refírese á estrea de 'Shakespeare en Roma' como o gran desafío que dá conta da madurez do Centro Dramático Galego

Documento anexo[07/02/2023] O Centro Dramático Galego estrea este xoves día 9 en Santiago de Compostela Shakespeare en Roma, que en palabras do conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, supón "un gran desafío artístico e de produción para dar conta da madurez e solvencia da compañía teatral da Xunta". O espectáculo ofrece un achegamento inédito e singular ás catro pezas que o gran dramaturgo inglés ambientou no Imperio Romano (Coriolano, Xulio César, Antonio e Cleopatra e Tito Andrónico), condensadas en pouco máis de dúas horas a partir de catro olladas dramatúrxicas diferentes e levadas a escena por outros tantos equipos de dirección cun mesmo elenco de oito intérpretes.
NO SALÓN TEATRO DO XOVES 26 de XANEIRO AO DOMINGO 5 DE FEBREIRO

O Centro Dramático Galego reestrea en Santiago 'A contenda do río Miño' para celebrar os 50 anos da súa primeira posta en escena

Documento anexo[24/01/2023] O Centro Dramático Galego e a Companhia de Teatro de Braga reestrean este xoves no Salón Teatro de Santiago a súa produción A contenda dos labradores de Caldelas ou Entremés famoso sobre a pesca do río Miño (A contenda do río Miño), versión da peza teatral escrita en 1671 por Gabriel Feixóo de Araúxo e da que se cumpre o 50º aniversario da súa primeira posta en escena pola compañía coruñesa Teatro Circo, da man de Manuel Lourenzo e José Estruch.
O EQUIPO RECIBIU A VISITA DO CONSELLEIRO DE CULTURA E DO REITOR DA USC

O CDG ultima no Pazo de Fonseca os ensaios de 'Shakespeare en Roma' cara á súa estrea o 9 de febreiro

Documento anexo[19/01/2023] O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e mais o reitor da USC, Antonio López, visitaron o equipo do espectáculo 'Shakespeare en Roma', a nova produción do Centro Dramático Galego, para coñecer de primeira man a evolución dos ensaios que se están a desenvolver no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela. Convertido en escenario grazas ao acordo de intercambio entre a Xunta de Galicia e a universidade compostelá, este espazo acollerá tamén o período de exhibición desta proposta, que se estrea o 9 de febreiro e estará en cartel ata o 2 de abril.
OS TEXTOS GAÑADORES DA BOLSA DE DRAMATURXIA, 'BAILAR NO CEO' E 'RELATO PARA UN INCENDIO' PROTAGONIZAN A CARTELEIRA DESTA SEMANA

Seis producións propias e coproducións, en escena en Santiago ata finais abril

[10/01/2023] O Centro Dramático Galego inicia hoxe a súa programación de 2023 coa primeira das preto de 90 funcións que desenvolverá ata finais de abril en Santiago de Compostela, tanto na súa sede do Salón Teatro como no Salón Nobre do Pazo de Fonseca e na Cidade da Cultura de Galicia. Destacan nesta carteleira a posta en escena de seis das producións propias e coproducións da compañía da Xunta de Galicia, entre as que se inclúen as estreas e temporadas de exhibición dos espectáculos Shakespeare en Roma e Un hotel de primeira sobre o río.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 | 19 | 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal