Novas
UNHA NOVA EXTENSIÓN DO FESTIVAL DE MÚSICA SINSAL COMPLETARÁ A CARTELEIRA DE 50 FUNCIÓNS PREVISTAS PARA O ESPAZO ESCÉNICO QUE XESTIONA O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO
[22/01/2009] O Salón Teatro de Santiago enfronta un novo período de programación trimestral co teatro e o novo circo como grandes protagonistas. O espazo escénico xestionado polo Centro Dramático Galego (CDG), que acolle na actualidade e até o 31 de xaneiro a reposición da produción propia
Noite de Reis como primeira actividade anual, desenvolverá até finais de marzo un total de 50 funcións a cargo de sete formacións artísticas.
A MONTAXE DESTA OBRA DE BRECHT, QUE NUNO CARDOSO DIRIXIU PARA O CDG, REPRESENTARASE OS DÍAS 21 E 22 PARA ESTUDANTES E 23 E 24 PARA PÚBLICO XERAL
[19/01/2009] O Teatro Principal de Ourense acolle esta semana o último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG),
A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Ourense, o CDG ofrecerá catro funcións desta primeira produción da súa temporada 2008-2009: dúas para estudantes (mércores 21 e xoves 22, ás 10.30 horas), e outras dúas para o público xeral (venres 23 e sábado 24, ás 20.30 horas).
ESTE SEGUNDO ENCONTRO DO CURSO "PISTAS PARA UNHA DRAMATURXIA DA ACTUALIDADE III" CELÉBRASE NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO DO 19 AO 23 DE XANEIRO
[16/01/2009] O Centro de Creación Dramática Contemporánea do Centro Dramático Galego (CDG) acolle a partir do luns 19 o segundo dos catro obradoiros que conforman o curso de escrita teatral
Pistas para unha dramaturxia da actualidade III, impartido polo dramaturgo asturiano Maxi Rodríguez e supervisado por Cándido Pazó. Un grupo de 12 alumnos seguirá esta actividade, que se desenvolverá na biblioteca do Salón Teatro até o venres día 23 en horario de 17.00 a 20.00 h.
A MONTAXE DESTA OBRA DE BERTOLT BRECHT, REALIZADA POR UN EQUIPO GALEGO-PORTUGUÉS BAIXO A DIRECCIÓN DE NUNO CARDOSO, REPRESÉNTASE MAÑÁ PARA ESTUDANTES E O SÁBADO PARA PÚBLICO XERAL
[15/01/2009] O Pazo da Cultura de Pontevedra acolle esta fin de semana o último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG),
A boa persoa de Sezuán, versión en galego da obra de Bertolt Brecht que chega da man de Nuno Cardoso, un dos directores máis destacados da nova escena portuguesa. Esta fábula amarga sobre a busca da bondade nunha sociedade corrompida polos excesos capitalistas supón, así mesmo, a incorporación do dramaturgo alemán ao repertorio da compañía pública. En Pontevedra, o CDG ofrecerá dúas funcións desta produción -a primeira da súa temporada 2008-2009- mañá venres 16, ás 10.00 horas (concertada para estudantes), e o sábado 17, ás 21.00 horas.
ANABELL GAGO INCORPÓRASE AO ELENCO INTERPRETATIVO DESTA VERSIÓN DA OBRA DE WILLIAM SHAKESPEARE ASINADA E DIRIXIDA POR QUICO CADAVAL
[05/01/2009] O Centro Dramático Galego (CDG) repón a partir do vindeiro xoves día 8 no Salón Teatro a súa produción
Noite de Reis. Ou o que queirades, coa que ten acadado un éxito de público con escasos precedentes na escena galega. As funcións desta versión da obra de William Shakespeare asinada e dirixida por Quico Cadaval desenvolveranse até o 31 de xaneiro neste escenario compostelán, onde o espectáculo xa foi representado colgando o cartel de non hai billetes en repetidas ocasións.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
| 176 |
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
| Seguintes