Novas
QUICO CADAVAL E DANIEL ABREU ASESORARON O PROXECTO CREATIVO DESTA PROPOSTA QUE O CDG ABRE MAÑÁ AO PÚBLICO
[02/07/2009] Pablo Fidalgo e Estefanía García abren mañá ao público o resultado do seu traballo creativo para o seu espectáculo
A democracia mediante unha presentación que terá lugar ás 17.00 horas na nave da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais) no compostelán polígono de Costavella. Os dous creadores e intérpretes desde proxecto, artistas residentes do Centro Dramático Galego (CDG), amosarán o proceso de ensaio e composición desta proposta escénica como avance á estrea oficial que terá lugar en La Casa Encendida de Madrid o próximo mes de outubro.
DIRECTOR, EQUIPO ARTÍSTICO E ELENCO VÓLVENSE REUNIR PARA DAR VIDA A ESTE TEXTO ORIXINAL SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO GALARDOADO CO PREMIO MARÍA CASARES
[23/06/2009] O Salón Teatro acolle esta semana (xoves 25 ás 21.00 horas, venres 26 e sábado 27 ás 20.30 h e domingo 28 ás 18.00 h) a reestrea de
A piragua, obra escrita e dirixida por Cándido Pazó como resultado da súa experiencia como primeiro dramaturgo residente do Centro Dramático Galego (CDG) na temporada 2006-2007 e producida agora pola nova compañía Abrapalabra. A iniciativa privada asume deste xeito a explotación dun proxecto inicial da compañía pública mediante unha fórmula de colaboración pola que se cede parte do material escenográfico para a súa reutilización e co obxectivo de contribuír á máxima rendabilidade social dos espectáculos.
A NOVA PROPOSTA DA COMPAÑÍA COMPOSTELÁ EXHÍBESE NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO A PARTIR DE MAÑÁ XOVES E ATÉ O DOMINGO 21, TRALA SÚA EXITOSA ESTREA NO FITEI DO PORTO
[17/06/2009] O Salón Teatro de Santiago acolle a partir de mañá xoves a presentación en Galicia da montaxe
Wake Up, realizada pola compañía
Nut Teatro en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), da que ofrecerá un total de catro funcións até o domingo día 21: de xoves a sábado, ás 20.30 horas e o domingo, ás 18.00 h. A nova proposta da compañía compostelá, que incorpora unha tecnoloxía electrónica pioneira na escena galega, chega precedida do gran éxito de público obtido na súa estrea absoluta no Teatro Carlos Alberto (TeCA) do Porto dentro do programa do Festival Internacional de Teatro de Expressão Ibérica (FITEI).
ESCRITA POR MANUEL LOURENZO E DIRIXIDA POR QUICO CADAVAL, ESTA COMEDIA ONÍRICA AMBIENTADA NA MARIÑA LUGUESA FALA DE ESPECULACIÓN URBANÍSTICA, AMOR, DESAMOR E SEXO
[11/06/2009] O Teatro Jofre de Ferrol acolle este sábado día 13 ás 20.30 horas a derradeira función da xira do espectáculo do Centro Dramático Galego
As dunas, resultante da obra escrita
ad hoc por Manuel Lourenzo con dirección escénica de Quico Cadaval. Con esta representación, realizada en colaboración co Concello de Ferrol, remata un período de exhibición de máis de tres meses no que
As dunas se escenificou en 32 ocasións sobre 11 escenarios; e conclúe tamén o plan de produción propia do CDG para a actual temporada escénica 2008-2009.
O SALÓN TEATRO ACOLLE O SÁBADO 13, ÁS 21.00 H, A PRIMEIRA FUNCIÓN DESTE ESPECTÁCULO, QUE CONTINUARÁ EN CARTEL O DOMINGO 14 ÁS 18.00 H
[10/06/2009] A Quique Peón Cía. e o Centro Coreográfico Galego (CCG) estrean o sábado 13 ás 21.00 h no Salón Teatro de Santiago a peza de danza
Ovay, un espectáculo realizado en réxime de coprodución que supón o debut diante do público deste novo colectivo artístico liderado polo investigador, coreógrafo e bailarín coruñés. A montaxe é a segunda (despois de
Concerto Desconcerto coa compañía Entremáns) das incluídas polo CCG no seu programa de coproducións, a través do que se apoian proxectos de danza de iniciativas profesionais independentes e de empresas de titularidade privada.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
| 172 |
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
| Seguintes