AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas


O Salón Teatro acolle a Matarile para 10 funcións de 'Fráxil', en coprodución co Centro Dramático Galego e o Teatro Español de Madrid

[09/05/2023] O Salón Teatro de Santiago acolle desde a semana pasada a compañía compostelá Matarile Teatro para as primeiras funcións públicas do seu espectáculo Fráxil. Handle with Care, coproducido polo Centro Dramático Galego e o Teatro Español de Madrid. Na sede da unidade teatral da Xunta, estreouse o pasado venres no marco do Festival Escenas do Cambio, promovido pola Cidade da Cultura de Galicia, e aquí permanecerá en cartel ata o vindeiro día 21 para ofrecer 10 novas representacións de mércores a domingos.
ESTRÉASE ESTE VENRES 31 NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

O Centro Dramático Galego recupera a Xohana Torres para o teatro coa primeira montaxe profesional de 'Un hotel de primeira sobre o río'

Documento anexo[28/03/2023] O Centro Dramático Galego recupera para as táboas a Xohana Torres coa estrea este venres 31 da primeira produción profesional da súa obra Un hotel de primeira sobre o río, que estará en cartel no Salón Teatro de Santiago de Compostela ata o 30 de abril. Gonçalo Guerreiro e María Torres dirixen esta nova proposta da compañía da Xunta de Galicia, afondando na poética e no estilo persoal desta gran autora galega desde unha perspectiva contemporánea que non perde a acidez, a ironía e o drama presentes no texto orixinal, gañador do Premio Castelao en 1968.
O CDG COPRODUCIRÁ A ÚLTIMA CREACIÓN DE MATARILE, ‘FRÁXIL: HANDLE WITH CARE’

A Xunta presenta unha novena edición de 'Escenas do cambio' centrada nas transformacións sociais e nos dereitos dos colectivos vulnerables e excluídos

Documento anexo[27/03/2023] O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentou hoxe a novena edición do festival de teatro, danza e arte en acción Escenas do cambio, que dirixe Lola Correa e que este ano pon o foco na realidade e nas transformacións sociais do noso presente máis inmediato. Impulsado pola Xunta de Galicia a través da Fundación Cidade da Cultura, Escenas do cambio trae do 4 ao 6 de maio unha decena de propostas de vangarda nas que a danza, o teatro, a performance, a música e a poesía conectan á audiencia coas reivindicacións dos dereitos das persoas migrantes e desprazadas, do colectivo queer ou dos estratos máis vulnerables da sociedade.
ANUNCIOUSE COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DO TEATRO

O Centro Dramático Galego coproducirá coa compañía Xerpo a montaxe teatral de 'Bailar no ceo', texto gañador da II Bolsa de Dramaturxia e Creación

Documento anexo[27/03/2023] A compañía Xerpo é a gañadora da segunda fase da Bolsa de Dramaturxia e Creación, desenvolvida pola Xunta de Galicia coa colaboración de diversos colectivos do sector cultural galegos, de acordo coa que coproducirá co Centro Dramático Galego o texto 'Bailar no ceo', escrito por Ana Abad de Larriva como vencedora da primeira fase desta mesma iniciativa.
O 18 E 19 DE XULLO NO TEATRO ROMANO DA CAPITAL ESTREMEÑA

O Centro Dramático Galego preséntase por vez primeira no Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida con 'Shakespeare en Roma'

Documento anexo[22/03/2023] O Centro Dramático Galego viaxará por primeira vez ao Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida para representar unha das súas producións propias, Shakespeare en Roma, que poderá verse no teatro romano da capital estremeña os días 18 e 19 de xullo. A programación completa da 69ª edición desta prestixiosa mostra foi anunciada hoxe mesmo no transcurso dun acto no que participou o director da unidade teatral da Xunta de Galicia, Fran Núñez, para dar conta do fito que estas actuacións suporán na traxectoria da compañía institucional galega a prol da proxección exterior do noso teatro e dos seus profesionais.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 | 18 | 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal