Novas
PRESENTARÁN O SEU TERCEIRO TRABALLO DISCOGRÁFICO "NIÑO Y PISTOLA AS ARTUR & THE WRITERS"
[20/09/2010] A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) abre mañá cun concerto no Salón Teatro a cargo de Niño y Pistola a segunda parte do ciclo de concertos "ST Música Presente", dirixido á promoción de traballos discográficos galegos de todos os estilos diante dun público especializado. O grupo galego presentará o seu terceiro larga duración,
Niño y Pistola as Arthur & The Writers (Ernie Records, 2010), un tributo aos alter ego, aos nomes falsos dos artistas e ás grandes historias. De novo, o Salón Teatro de Santiago será a sede deste programa de recitais, que nesta nova entrega acollerá outros dous directos protagonizados por Bruma (13 de outubro) e Silvia Penide (22 de outubro).
A PRODUCIÓN FEITA PARA A MIT DE RIBADAVIA VERSIONA POR PRIMEIRA VEZ AO GALEGO UN TEXTO DE THOMAS BERNHARD
[16/09/2010] O Salón Teatro de Santiago acolle mañá venres día 17 e o sábado 18 ás 20:20 horas dúas representacións de
Na meta (sálvese quen poida) , unha montaxe de Ónfalo Teatro en coprodución coa Mostra Internacional de Teatro (MIT) de Ribadavia que, en clave de humor, reflexiona sobre o éxito e o fracaso, sobre o camiño cara á meta de cadaquén e o que nel se perde e se gaña. Con dramaturxia e dirección de Ana Contreras e Afonso Becerra de Becerreá, e interpretada por Rut Balbís, Luísa Merelas e Toni Salgado, a compañía lucense pon en escena esta peza do dramaturgo austríaco Thomas Bernhard, que se traduce por primeira vez á lingua galega.
O CONSELLEIRO DE CULTURA PRESENTOU O NOVO PERÍODO DE ACTIVIDADE DA COMPAÑÍA PÚBLICA E DO SALÓN TEATRO, CON 64 DÍAS DE APERTURA AO PÚBLICO ATA DECEMBRO
[09/09/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) inicia a súa nova temporada escénica 2010-2011 cun primeiro período de actividade marcado pola produción do seu novo espectáculo,
Salomé de Oscar Wilde baixo a dirección de Carlos Santiago, e o apoio á creación e á exhibición teatrais galegas a través da carteleira do Salón Teatro e de diferentes servizos á comunidade escénica. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela Fariña, presentou hoxe esta programación, a primeira que a compañía pública desenvolve baixo a dirección de Blanca Cendán, con 64 días de apertura ao público entre os meses de setembro e decembro.
A MONTAXE DE JOSÉ PRIETO ESCENIFICARASE O VENRES 10 E O SÁBADO 11 ÁS 20.30 HORAS
[03/09/2010] O Salón Teatro de Santiago inaugura o vindeiro venres 10 de setembro a súa nova temporada de exhibición con dúas funcións do último espectáculo da compañía Obras Públicas,
Life is a paripé, que terán lugar o venres 10 e o sábado 11 ás 20.30 horas. O espazo que xestiona o Centro Dramático Galego (CDG) abre así un novo ciclo de programación cuadrimestral, que será presentado publicamente o vindeiro xoves día 9.
MAÑÁ ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ESTE ENCONTRO INTENSIVO, QUE SE DESENVOLVERÁ DO 27 AO 30 DE SETEMBRO EN SESIÓNS DE SETE HORAS DIARIAS
[31/08/2010] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza o Curso sobre Shakespeare que Alfredo Padilla, actor arxentino afincado en Galicia, impartirá do 27 ao 30 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Especialista en teatro shakespeariano pola Royal Academy of Dramatic Art de Londres, Padilla desenvolverá cos alumnos as potencialidades creativas arredor da obra do gran dramaturgo inglés, tendo en conta o estilo, o xogo dramático e o contorno no que se desenvolve o actor.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
| 157 |
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
| Seguintes