Novas
A ACTUACIÓN TERÁ LUGAR O MARTES 18, ÁS 21.30 HORAS, DENTRO DO CICLO ST MÚSICA PRESENTE
[14/01/2011] O Salón Teatro de Santiago abre unha nova entrega do ciclo ST Música Presente co concerto que o trío do pianista Abe Rábade, acompañado da súa sección rítmica habitual, ofrecerá o vindeiro martes día 18 ás 21.30 horas. Xunto ao portugués Bruno Pedroso á batería e ao contrabaixista vasco Pablo Martín, o jazzista compostelán presentará o seu último traballo discográfico,
Zigurat, ademais de repasar o mellor do seu repertorio para trío.
OFRECERÁ DÚAS FUNCIÓNS MAÑÁ VENRES 14 E O SÁBADO 15 ÁS 20.30 HORAS
[13/01/2011] O Salón Teatro de Santiago recibe á Companhia de Teatro de Braga co espectáculo
Concerto "à la carte", produción número cen da formación portuguesa que se representa mañá venres 14 e o sábado 15, ás 20.30 h, froito dun acordo de intercambio co Centro Dramático Galego. Con dirección de Rui Madeira a partir da obra do dramaturgo alemán Franz Xaver Kroetz, este "monólogo sen texto" aborda a soidade dunha muller entregada á depresión e á obsesión polas cousas ordenadas.
O CONSELLEIRO DE CULTURA ANUNCIOU QUE OS ENSAIOS DESTA VERSIÓN DA OBRA DE BERTOLT BRECHT DARÁN COMEZO EN ABRIL PARA A SÚA ESTREA NO MES DE XUÑO
[12/01/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) levará ás táboas en xuño
A ópera dos tres reás, a partir da famosa obra de Bertolt Brecht, para o que contará con Quico Cadaval na dirección escénica e co actor Luis Tosar no papel protagonista. O conselleiro de Cultura e Turismo, Roberto Varela, anunciou hoxe a que será a segunda produción propia da compañía pública para a temporada 2010-2011, un espectáculo de gran formato que materializa a aposta da directora do CDG, Blanca Cendán, polo teatro musical.
A VERSIÓN DA OBRA DE OSCAR WILDE FOI VISTA NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO POR 2.430 ESPECTADORES
[02/01/2011] O Centro Dramático Galego inicia o vindeiro sábado 8 de xaneiro en Vigo o período de distribución da súa última montaxe,
Salomé, dirixida por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde. Tralo éxito de público obtido durante a súa exhibición no Salón Teatro de Santiago, onde congregou un total de 2.430 espectadores nas 17 funcións desenvolvidas, o espectáculo recalará no Centro Cultural Novacaixagalicia (sábado 8 de xaneiro ás 20.30 h) como primeira parada dunha xira que se estenderá ata finais de marzo e durante a que visitará un total de catorce escenarios (once galegos e tres portugueses).
ORGANIZADA POLO CENTRO DRAMÁTICO GALEGO, DESENVOLVERASE DO 26 AO 30 DE DECEMBRO COA PARTICIPACIÓN DE CINCO COMPAÑÍAS GALEGAS
[22/12/2010] O Salón Teatro de Santiago despide a súa programación de 2010 cunha nova edición da Mostra de Teatro Infantil de Nadal, que ofrecerá do 26 ao 30 de decembro cinco espectáculos de teatro actor, clown e monicreques, especialmente pensados para os máis pequenos. Organizada polo Centro Dramático Galego (CDG) ininterrumpidamente desde o ano 2000 e sempre nas mesmas datas, nesta décima edición participan os grupos galegos Limiar Teatro, coa coprodución
Os 4 da Xunqueira (na imaxe); Berrobambán, con
Bicharada; Tanxarina Títeres, con
Trogloditas; Títeres Trompicallo, con
O día que chegou un nube e choveu; e Panamesiana Teatro, con
Oh, que bonito é Panamá!.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
| 152 |
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
| Seguintes