Novas
O XOVES DÍA 10 FINALIZA O PRAZO DE INSCRICIÓN NESTA ACTIVIDADE DOCENTE, QUE SE DESENVOLVERÁ DO 14 AO 18 E DO 20 AO 24 DE FEBREIRO
[08/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) mantén aberto ata este xoves día 10 o prazo de inscrición no curso sobre Molière que, dirixido fundamentalmente a actores e actrices, impartirá o director, actor e dramaturgo galego Mario Tomás. O curso, para o que se ofertan un máximo de 15 prazas, consta de nove xornadas lectivas (do 14 ao 18 e do 21 ao 24 de febreiro) centradas no estilo e na construción dos personaxes creados polo comediógrafo francés.
ELIXIRANSE MEDIANTE AUDICIÓN OS INTÉRPRETES DE CINCO PAPEIS MASCULINOS E OUTROS CINCO FEMININOS PARA INTEGRAR O ELENCO ENCABEZADO POR LUIS TOSAR COMO PROTAGONISTA
[08/02/2011] O Centro Dramático Galego acaba de iniciar o proceso de selección do elenco da súa próxima produción, o musical
A ópera dos tres reás, coa convocatoria dunha audición pública para elixir os cinco actores-cantantes e as cinco actrices-cantantes que, xunto con Luis Tosar no papel protagonista, interpretarán esta versión da famosa obra de Bertolt Brecht e Kurt Weill. As probas celebraranse en Santiago de Compostela a partir do 21 de febreiro diante dun tribunal do que formarán parte Quico Cadaval, director escénico do espectáculo, e Carlos Ariel Gracia, director musical.
O ESPECTÁCULO, DOTADO DUNHA GRAN FORZA DRAMÁTICA, APÓIASE NO TRABALLO ACTORAL E NOS TEXTOS QUE O ESPECTADOR ORDENA MENTALMENTE PARA DAR SENTIDO Á HISTORIA
[07/02/2011] O Salón Teatro acolle esta semana -mércores 9 e xoves 10 de febreiro ás 20.30 horas- dúas funcións do espectáculo
Del maravilloso mundo de los animales: los corderos, unha "salvaxe parodia" da sociedade moderna escrita e dirixida para Histrión Teatro polo arxentino Daniel Veronese, un dos creadores máis recoñecidos e polémicos do panorama escénico contemporáneo a nivel internacional.
A REPRESENTACIÓN TERÁ LUGAR O XOVES 10 ÁS 20.30 HORAS NO AUDITORIO GUSTAVO FREIRE
[07/02/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) viaxa esta semana a Lugo para representar o seu espectáculo
Salomé, dirixido por Carlos Santiago a partir da obra de Oscar Wilde, dentro da programación da XI Mostra de Teatro Clásico. A función desta última montaxe da compañía pública celebrarase o vindeiro xoves 10 de febreiro, ás 20.30 horas, no Auditorio Municipal Gustavo Freire como clausura do encontro teatral que organiza anualmente a Concellería de Cultura de Lugo.
REGRESA A SANTIAGO TRAS SER REPRESENTADA EN SANTANDER, MADRID, GRANOLLERS, SEVILLA E MALLORCA COMO MONTAXE SELECCIONADA POLA RED DE TEATROS ALTERNATIVOS
[02/02/2011] A plataforma Voadora regresa esta semana ao Salón Teatro de Santiago coa súa comedia musical
Super8, realizada en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), da que ofrecerá senllas funcións o venres 4 e o sábado 5 ás 20.30 horas. A compañía compostelá fai así un pequeno alto na ampla xira estatal que está a desenvolver no marco da Red de Teatros Alternativos cun espectáculo no que, coa memoria como fío condutor, combina teatro, música en directo e danza.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
| 150 |
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
| Seguintes