AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

A ESTREA DE 'MANUELA REY IS IN DA HOUSE' ABRE O VENRES O FESTIVAL DE TEATRO DE VIANA DO CASTELO

O Centro Dramático Galego afonda na conexións coas principais entidades teatrais lusas nun espectáculo sobre a figura da actriz galega Manuela Rey

Documento anexo[06/11/2023] O Centro Dramático Galego ultima a estrea en Portugal xunto ao Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana, o Teatro Nacional D. María II de Lisboa e o Teatro Nacional São João do Porto da súa próxima produción, Manuela Rey Is In Da House, nunha nova colaboración que afonda na proxección exterior da unidade teatral da Xunta de Galicia e, en concreto, nas súa estreita relación coa escena lusa. A montaxe inaugurará o vindeiro venres día 10 a sétima edición do Festival de Teatro de Viana do Castelo no Teatro Municipal Sá de Miranda, onde ofrecerá un segundo pase o sábado 11.
ESTE DOMINGO 29, ÁS 18.00 H

O Centro Dramático Galego abre o pano do Salón Teatro para 'Bailar no ceo', en coprodución con Xerpo

[26/10/2023] O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela, recibe este domingo ás 18,00 h. o espectáculo Bailar no ceo, que a compañía da Xunta de Galicia coproduciu con Xerpo como proxecto gañador da súa II Bolsa de Dramaturxia e Creación. A montaxe leva a escena o texto escrito por Ana Abad de Larriva como vencedora da primeira fase desta mesma iniciativa.
DO VENRES 6 AO DOMINGO 8

O Salón Teatro acolle a estrea de 'Run Baby Run' ao abeiro do programa de coproducións do Centro Dramático Galego

[05/10/2023] O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela, acolle mañá venres a estrea absoluta do espectáculo Run Baby Run, coproducido pola compañía da Xunta, o Teatro Español, Meninas Teatro e Proversus. Jana Pacheco dirixe esta obra de Fátima Delgado, que reflexiona sobre a discriminación de xénero no deporte e que poderá verse na capital de Galicia ata o vindeiro domingo como arranque dunha xira por espazos de toda España.
AS DIRECCIÓNS XERAIS DE XUVENTUDE E EMPRENDEMENTO, E A AXENCIA GALEGA DAS INDUSTRIAS CULTURAIS PARTICIPAN NESTA NOVA INICIATIVA

A Xunta impulsará a profesionalización de grupos teatrais gañadores do programa Xuventude Crea

[26/09/2023] Ofrecerase formación e mentorizaxe para poñer en marcha unha compañía teatral. A fase de presentación de solicitudes para este programa está aberta ata o vindeiro día 2 de outubro


O SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA REUNIUSE CON PARTICIPANTES NO ENCONTOR QUE TEN LUGAR EN SANTIAGO ATÉ O DÍA 24 AO ABEIRO DO PROXECTO PHONE

O Centro Dramático Galego recibe unha ducia de directores teatrais de sete países para promover a diversidade lingüística e cultural de Europa

[23/09/2023] O evento inclúe sesións de traballo arredor das oito producións que se están a desenvolver no marco desta iniciativa, das boas prácticas na dirección escénica e da preparación doutras liñas de acción conxuntas


Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 | 15 | 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal