Novas
MÁIS DE 19.700 ESPECTADORES ASISTIRON ÁS 34 REPRESENTACIÓNS OFRECIDAS EN 12 ESCENARIOS DENTRO E FÓRA DE GALICIA
[04/10/2011] O último espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG),
A ópera dos tres reás, rematou o seu período de distribución cun balance de 19.700 espectadores, polo que pasa a ser a produción máis vista da historia da compañía pública galega, despois de finalizar unha xira de tres meses de duración na que ofreceu un total de trinta e catro funcións en doce localidades, dentro e fóra de Galicia.
AS DERRADEIRAS FUNCIÓNS SERÁN O VENRES 30 DE SETEMBRO E O SÁBADO 1 DE OUTUBRO
[28/09/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) finaliza en Narón o período de exhibición de
A ópera dos tres reás, o seu primeiro espectáculo musical de gran formato, coas dúas derradeiras funcións que terán lugar no Pazo da Cultura este venres 30 de setembro, ás 20.30 horas, e o sábado 1 de outubro, ás 20.00 horas. Péchase así unha extensa xira de tres meses durante a que a versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill congregou a milleiros de espectadores ofrecendo un total de 34 funcións en 12 localidades dentro e fóra de Galicia.
O ESPECTÁCULO MUSICAL DA COMPAÑÍA PÚBLICA REPRESÉNTASE MAÑÁ DÍA 27 E O MÉRCORES 28, ÁS 20.30 HORAS, NO CENTRO CULTURAL NOVACAIXAGALICIA
[26/09/2011] O Centro Dramático Galego (CDG) entra na última semana de exhibición do seu espectáculo musical
A ópera dos tres reás, co que se presenta en Vigo para ofrecer dúas funcións mañá e o mércores, ás 20.30 horas, no Centro Cultural Novacaixagalicia. Esta será a penúltima parada dunha xira de tres meses, que finalizará en Narón e durante a que a versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill foi vista por máis de 17.200 espectadores noutros dez escenarios galegos e do resto de España.
A COMPAÑÍA PÚBLICA GALEGA ESGOTOU A VENDA ANTICIPADA DE ENTRADAS PARA AS REPRESENTACIÓNS DO VENRES 23 E O SÁBADO 24
[21/09/2011] Ourense é a próxima parada na ampla xira que o Centro Dramático Galego (CDG) está a desenvolver co seu espectáculo musical
A ópera dos tres reás, que representa este venres día 23 e o sábado día 24 no Teatro Principal. Quico Cadaval, na dirección escénica, e Diego García Rodríguez, na musical, asinan a versión galega do clásico de Bertolt Brecht e Kurt Weill, que interpreta un extenso elenco de 20 actores e músicos encabezado por Luis Tosar.
A MONTAXE CONTA CO PATROCINIO DA AGADIC E A COLABORACIÓN DO CDG NA CESIÓN DO SEU ESCENARIO COMPOSTELÁN, ONDE SE DESENVOLVEN OS ENSAIOS DESDE O PASADO MES DE AGOSTO
[20/09/2011] O Salón Teatro de Santiago acolle este mércores 21 de setembro ás 21.00 horas a función de estrea de
O florido pénsil, o novo espectáculo da compañía galega Eme2 que interpretan os actores Xosé Manuel Olveira "Pico", Antonio Durán "Morris", Federico Pérez, Josito Porto e Alfonso Agra, baixo a dirección escénica de Fernando Bernués e Mireia Gabilondo. A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) patrocina esta adaptación ao galego do popular texto de Andrés Sopeña, que conta tamén coa colaboración do Centro Dramático Galego (CDG) na cesión do seu teatro, onde se desenvolverán outras catro representacións da montaxe: do xoves 22 ao sábado 24 ás 20.30 horas e o domingo 25 ás 18.00 h.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
| 140 |
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
| Seguintes