AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

Presentación aos medios da peza coproducida polo Centro Coreográfico Galego

O Salón Teatro acollerá a estrea absoluta de ‘Dique’, a nova coprodución da Xunta e Nova Galega de Danza

[19/06/2024] A peza, con dirección escénica de Marta Pazos, pon en valor o traballo das mulleres que participaron na construción do Dique da Campá de Ferrol hai 150 anos, está coproducida polo Centro Coreográfico Galego. Coas entradas esgotadas para esta primeira función, haberá dous pases máis o sábado 22 ás 20,30 h. e o domingo 23 ás 18,00 h., con localidades á venda na plataforma Ataquilla e no despacho de billetes.

O Centro Dramático Galego pon en marcha unha nova edición da Bolsa de Dramaturxia

[13/06/2024] A Xunta de Galicia acaba de abrir a terceira edición da Bolsa de Dramaturxia, unha iniciativa que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude desenvolve en colaboración con diferentes colectivos culturais co obxectivo de seleccionar un proxecto de escrita dramática para a súa posterior coprodución co Centro Dramático Galego.
'DE VILATRISTE A VILALEGRE' PERCORRERÁ GALICIA ATA SETEMBRO

O Centro Dramático Galego comparte a celebración do seu 40º aniversario cun espectáculo itinerante por máis de 100 concellos do rural

Documento anexo[08/05/2024] O espectáculo sae ao encontro do público nun camión, que serve tamén de escenario para esta proposta dirixida por Sofía Espiñeira e Roberto Casal Mouriño con texto orixinal de Roi Vidal Ponte.
AÍNDA ESTÁN ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA MAIO NOS CONCELLOS

O Plan de mobilidade do Centro Dramático galego despraza máis dun milleiro persoas de 51 concellos para asistir a Os actos e as profecías

[27/04/2024] O Centro Dramático Galego desprega o seu plan de mobilidade para darlle ao público de toda Galicia a posibilidade de asistir ás representacións de Os actos e as profecías, o espectáculo central das celebracións do seu 40º aniversario. Desde o 12 de abril ao 25 de maio pasarán polo Salón Teatro máis de 1000 persoas de 51 concellos galegos e varios centros educativos, que terán a oportunidade de formar parte desta peza inmersiva na que o público é partícipe. Aínda é posible inscribirse nos autobuses que se fretarán o próximo mes para poder asistir a algunha das 48 funcións que se representarán ata o 26 de maio. Tamara Canosa dirixe esta proposta, á que lle dan vida 20 intérpretes, e na que se reflexiona sobre o que desexamos e o que se finalmente se cumpre nas nosas vidas partindo dunha trama arredor dos coñecidos como talent shows televisivos.

José López Campos súmase á celebración do 40º aniversario do Centro Dramático Galego coa asistencia ao espectáculo 'Os actos e as profecías'

[24/04/2024] O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu hoxe no Salón Teatro de Santiago de Compostela á función de Os actos e as profecías, o espectáculo dirixido por Tamara Canosa con 20 actores e actrices en escena co que o Centro Dramático Galego está a celebrar o seu 40º aniversario. Acompañado polo director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, o titular de Cultura da Xunta visitou a sede da compañía de teatro institucional galega e presenciou un dos pases da produción central coa que se conmemoran as súas catro décadas de traxectoria.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 | 13 | 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal