Novas
O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO REMATARÁ EN SANTIAGO A XIRA CON ESTA VERSIÓN DA OBRA DE CARLOS CASARES
[19/11/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de abrir a venda anticipada das entradas para as nove funcións de Nadal que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrecerá no Salón Teatro de Santiago co seu espectáculo ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’. Esta versión para público familiar da coñecida obra de Carlos Casares permanecerá na carteleira do espazo compostelán, sede da compañía pública, do 9 ao 30 de decembro, período durante o que tamén desenvolverá unha intensa campaña escolar coa participación de colexios de toda a comarca.
SERÁN SEIS NOVAS FUNCIÓNS MATINAIS PARA ALUMNAS E ALUMNOS DE ENSINO PRIMARIO
[11/11/2014] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade de produción teatral da Consellería de Cultura e Educación, desenvolverá nas próximas semanas seis novas funcións do espectáculo 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas' dirixidas a alumnos e alumnas de educación primaria dos concellos de Viveiro, Tui, O Barco e Rianxo.
Ás 18.00 HORAS NO TEATRO DO CENTRO CULTURAL AFUNDACIÓN
[30/10/2014] O Centro Dramático Galego (CDG) da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria chega este domingo 2 de novembro a Vigo con ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’, versión da obra de Carlos Casares que será representada ás 18.00 horas no Teatro do Centro Cultural Afundación. Este escenario forma parte, ademais, da campaña escolar deste espectáculo de teatro e música en directo, do que o luns 3 de novembro se ofrecerán dous pases matinais para alumnos de centros educativos da cidade e de toda a comarca.
O CENTRO SOCIAL AFUNDACIÓN ACOLLE UNHA FUNCIÓN PARA PÚBLICO XERAL ESTE SÁBADO 18
[16/10/2014] A cidade de Pontevedra é a nova parada da xira que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria está a desenvolver co espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG) 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas', de Carlos Casares, que se representa este sábado 18 de outubro ás 18.00 horas no Auditorio do Centro Social Afundación.
O ESPECTÁCULO DO CDG REPRESÉNTASE ÁS 19.00 HORAS NO PAZO DA CULTURA
[10/10/2014] O espectáculo 'As laranxas máis laranxas de todas as laranxas', producido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do Centro Dramático Galego (CDG), chega esta fin de semana a Narón dentro da xira durante a que se presentará nun total de once escenarios de toda Galicia. No caso do Pazo da Cultura naronés, a función terá lugar este domingo día 12, ás 19.00 horas.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
| 91 |
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
| Seguintes