Novas
MAÑÁ VENRES E O SÁBADO, ÁS 20.30 HORAS, E O DOMINGO, ÁS 18.00
[15/01/2015] O Salón Teatro, espazo escénico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Santiago de Compostela, programa esta fin de semana tres funcións de ‘Diálogo do can co seu amo’, a montaxe coa que Teatro do Morcego está a conmemorar os seus 25 anos en escena. As representacións terán lugar mañá venres e o sábado, ás 20.30 horas, e o domingo, ás 18.00 horas.
O CANTAUTOR OURENSÁN ACTUARÁ ÁS 21.00 E CONTARÁ CON CARLOS BLANCO COMO MAESTRO DE CERIMONIAS
[13/01/2015] O concerto que o cantautor ourensán Emilio Rúa ofrecerá este xoves día 15, ás 21.00 horas, no Salón Teatro é a primeira das 30 propostas da nova carteleira que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria despregará ata finais de xuño neste espazo compostelán, sede do Centro Dramático Galego (CDG).
ASISTEN 22 ALUMNOS, A MEIRANDE PARTE DELES PROFESIONAIS DA ESCENA GALEGA
[12/01/2015] Xesús Vázquez Abad abriu hoxe o Curso de Posta en Escena que, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, imparte o director canadense Joël Beddows ata o vindeiro día 23. Un total de 22 alumnos, profesionais da escena galega na súa maioría, asisten a este encontro co obxectivo de se perfeccionar na dirección teatral a partir da adquisición de novas ferramentas técnicas e dunha profunda reflexión práctica arredor desta materia.
SÚMASE Á INICIATIVA XUNTO AO TEATRO PRINCIPAL E A ZONA C
[29/12/2014] A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria colabora co Concello de Santiago na configuración da nova carteleira de teatro galego e portugués que se ofrecerá desde distintos escenarios da cidade entre xaneiro e xuño de 2015, e da súa posta a disposición do público mediante dun bono de desconto específico.
OFRECEU DE XANEIRO A DECEMBRO 110 REPRESENTACIÓNS TEATRAIS, 96 PROXECCIÓNS AUDIOVISUAIS E 18 CONCERTOS EN 142 DÍAS DE APERTURA
[23/12/2014] O Salón Teatro de Santiago, espazo escénico dependente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, despide a próxima semana a súa programación de 2014 cos últimos pases do espectáculo familiar do Centro Dramático Galego (CDG) ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’ e despois de ter desenvolvido ao longo deste ano un total de 229 actividades, entre as que se contan funcións escénicas, concertos e proxeccións audiovisuais.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
| 90 |
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
| Seguintes