Novas
SERÁ ÁS 20.30 HORAS DENTRO DO CICLO SONS'15 ORGANIZADO POLO CONCELLO
[11/05/2015] Vaudí Cavalcanti ofrece mañá no Salón Teatro de Santiago o concerto de presentación ao público compostelán do seu último traballo discográfico, ‘Un poco de ti’, no que o músico e a súa banda revisan once cancións de Víctor Manuel en clave brasileira. O recital, que dará comezo ás 20.30 horas, forma parte do ciclo Sons'15, organizado polo Concello de Santiago.
O CDG SITUOU O AUTOR GALEGO NO REPERTORIO DO PRINCIPAL TEATRO PÚBLICO PORTUGUÉS
[08/05/2015] O patio de butacas do Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa encheuse a pasada noite para acoller a estrea da obra de Roberto Vidal Bolaño ‘Sax Tenor’, primeiro título da dramaturxia galega que entra a formar parte do repertorio do principal teatro público de Portugal.
O VENRES 8 E O SÁBADO 9, ÁS 20.30 HORAS
[07/05/2015] O Salón Teatro de Santiago programa esta fin de semana o espectáculo portugués ‘NÓS’, unha creación colectiva da plataforma artística PELE para o Grupo de Teatro de Surdos do Porto, que aposta pola implicación social e bota man da linguaxe universal da arte da escena para eliminar barreiras entre as comunidades xorda e ouvinte.
ESTRÉASE ESTE XOVES 7 DE MAIO
[04/05/2015] O Teatro Nacional D. Maria II (TNDM II) de Lisboa estrea o vindeiro xoves 7 a obra de Roberto Vidal Bolaño ‘Saxo tenor’ (‘Sax tenor’ na súa versión portuguesa), primeiro título da dramaturxia galega levado ás táboas polo principal teatro público do país veciño. Esta produción, que poderá verse na capital lusa ata o día 24, forma parte do acordo que o TNDM II mantén co Centro Dramático Galego (CDG) para o intercambio de autores fundamentais de ambas as dramaturxias e dentro do que a compañía institucional galega está a representar ‘Xardín suspenso’, de Abel Neves.
O ESPECTÁCULO DO CDG REPRESENTARASE NUN PASE ÚNICO ÁS 20.30 HORAs
[29/04/2015] O Teatro Afundación de Vigo ofrecerá o vindeiro mércores 6 de maio un pase único do espectáculo ‘Xardín suspenso’, dirixido para o Centro Dramático Galego (CDG) polo vigués Cándido Pazó. Con esta función, que terá lugar ás 20.30 horas, a compañía da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria alcanzará o ecuador da xira que está a desenvolver con esta versión da obra de Abel Neves, un dos dramaturgos máis recoñecidos da actual escena portuguesa, e que rematará a finais de maio en Lisboa despois de ter visitado unha decena de escenarios.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
| 84 |
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
| Seguintes