Novas
RESIDENCIAS ARTÍSTICAS NO GAIÁS
[01/02/2025] A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude promove dúas novas creacións escénicas dentro de Clásicas desfeitas, o ciclo de co-producións iniciativa do Centro Dramático Galego coa Cidade da Cultura. Nesta ocasión, as obras revisan a figura histórica e literaria de Ricardo III e o mito de Medea, para propoñer dous retratos máis humanos de ambos personaxes empregando linguaxes e ferramentas do teatro contemporáneo, que terán a súa estrea este mes de febreiro no Gaiás.
BALANCE
[27/01/2025] A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude elevou hoxe ao Consello da Xunta o informe de balance da actividade desenvolvida polo Centro Dramático Galego en 2024, ano no que conmemorou o 40º aniversario da súa fundación. As conclusións que se extraen do documento poñen en valor o reforzo do papel da compañía pública como referente cultural e o avance no seu compromiso coa inclusión, a internacionalización e a sustentabilidade a través dunha ampla variedade de proxectos que se estenderon a 160 concellos das catro provincias e a 11 países.
Funcións ata o 9 de febreiro
[15/01/2025] O espectáculo de teatro inclusivo
Nada se sabe, coproducido polo Centro Dramático Galego e Culturactiva, terá mañá xoves a súa estrea compostelá no Salón Teatro, onde permanecerá ata o 9 de febreiro para ofrecer unha vintena de funcións. As representacións, que terán lugar de mércores a domingo ás 18,00 h., contarán con diferentes sistemas de accesibilidade e con servizo gratuíto de autobuses desde máis de 40 concellos galegos, ademais de se complementar cunha serie de actividades paralelas como posfuncións ou visitas táctiles.
Ciclo ‘Quintas do Camões’
[07/01/2025] O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela, abre a súa programación de 2025 volvendo a ser un dos escenarios do ciclo de teatro en lingua portuguesa Quintas do Camões, promovido polo Instituto Camões-Centro Cultural Portugués en Vigo. Así, este venres 10 de xaneiro ás 20,00 h. o espazo ofrece en función única a montaxe Frágua de amor, o clásico da literatura portuguesa escrito polo dramaturgo Gil Vicente, coproducida pola compañía pública galega xunto a seis estruturas culturais lusas: Escola da Noite-Grupo de Teatro de Coímbra, O Bando de Surunyo, Artway, Cendrev-Teatro García de Resende, Teatro Académico de Gil Vicente e Teatro Nacional São João.
Tres anos de traballo a prol da diversidade cultural e lingüística de Europa
[06/01/2025] O Centro Dramático Galego pecha a súa participación no proxecto europeo Phone despois de ter intervido nun cento de accións escénicas a prol da diversidade lingüística e cultural de Europa, que serviron igualmente para impulsar a proxección exterior do noso teatro e artistas. Ademais da unidade de produción teatral da Xunta de Galicia e doutros departamentos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, formaron parte desta iniciativa estruturas teatrais e institucións académicas de Alemaña, Francia, Italia, Irlanda, Noruega, Países Baixos e Romanía, dándolle forma á primeira gran colaboración internacional de teatros públicos e privados para a posta en valor das linguas minoritarias.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
| 8 |
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
| Seguintes