Novas
DESDE MAÑÁ XOVES 27 AO DOMINGO 30 DE XUÑO
[26/06/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) repón no Salón Teatro de Santiago o seu espectáculo
Neorretranca e posmorriña, dirixido por Gena Baamonde, que poderá verse na sede da compañía pública entre mañá xoves e o vindeiro domingo, antes de se despedir do público o 5 de xullo cunha función no Teatro Afundación de Vigo.
CORRERÁN A CARGO DE MIKEL ARÍSTEGUI, PABLO VIAR, ROSA MOLEDO, MARTA PAZOS, LAILA RIPOLL E JORDI CASANOVAS
[13/06/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) desenvolverá entre o 17 de xuño e o 12 de xullo cinco talleres formativos en distintas competencias e disciplinas aplicables á creación e á execución escénica. O programa pedagóxico, co que a compañía institucional rematará a actividade da temporada 2018-2019, está especialmente dirixido aos profesionais ou estudantes do ámbito teatral, que xa poden inscribirse nos cursos.
MAÑÁ ÁS 21H E O DOMINGO ÁS 19.30 H
[31/05/2019] A Feroz regresa esta fin de semana ao Salón Teatro de Santiago con
Afterparty, espectáculo de debut desta nova compañía galega que foi estreado o ano pasado neste mesmo escenario dentro do programa de residencias artísticas do Centro Dramático Galego. O público compostelán terá agora dúas novas oportunidades de ver esta proposta, escrita e dirixida por Lorena Conde, nas funcións de mañá sábado, ás 21,00 h., e do domingo, ás 19,30 h.
O SÁBADO, ÁS 20.30 H., E O DOMINGO, ÁS 18.00 H.
[23/05/2019] O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) estrea esta fin de semana en Santiago
SOMA, a nova proposta do coreógrafo e investigador Javier Martín, neste caso en cocreación co escultor e performer Joaquín Jara. As funcións terán lugar no Salón Teatro este sábado 25, ás 20,30 h., e o domingo 26, ás 18,00 h.
NAS DÚAS VINDEIRAS FINS DE SEMANA
[16/05/2019] O Centro Dramático Galego (CDG) organiza por terceiro ano consecutivo o programa Teatro Ob-sceno, un ciclo de accións escénicas curtas a través do que abre para a exhibición artística diferentes estancias da súa sede do Salón Teatro de Santiago, todas elas fóra do escenario. Neste caso, os camerinos, as oficinas e a biblioteca acollerán as seis pezas desta edición, que se desenvolverá nas dúas vindeiras fins de semana.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
| 49 |
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
| Seguintes