AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

COPRODUCIÓN CO TEATRO LUSO

O Centro Dramático Galego avanza nos proxectos en común coa escena portuguesa na estrea do clásico de Gil Vicente ‘Frágua de amor’

[13/11/2024] O Centro Dramático Galego participa na estrea de mañá en Coímbra de Frágua de amor, a última das novas coproducións previstas para este outono e impulsadas durante este 2024, coincidindo coa celebración 40º aniversario da compañía pública. Na liña de internacionalización que leva desenvolvendo a unidade teatral da Xunta nos últimos anos, a montaxe da peza deste clásico da literatura portuguesa verá a luz no Teatro Académico de Gil Vicente (TAGV), onde permanecerá en cartel ata o sábado día 16.
REGRESO ÁS TÁBOAS

O Centro Dramático Galego inicia en Lugo a xira do espectáculo ‘Terceiro acto’ por oito escenarios

[23/10/2024] O Centro Dramático Galego inicia este xoves día 24 en Lugo a xira que levará o seu espectáculo Terceiro acto a oito escenarios durante o seu regreso ás táboas co gallo da celebración do 40º aniversario da compañía pública de Galicia. Materializarase así o percorrido que non fora posible levar a cabo con esta produción en 2021 por mor da pandemia.
Programa formativo CDGLAB

A Xunta fomenta o encontro do alumnado de artes escénicas co exercicio profesional a través do Centro Dramático Galego

[18/10/2024] O CDGLab, o programa formativo no que colaboran o Centro Dramático Galego e a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, iniciou cunha visita técnica ao Salón Teatro a actividade da súa quinta edición para ofrecerlle ao alumnado un achegamento á realidade escénica galega que lle facilite adquirir competencias e habilidades na súa incorporación ao mercado laboral.
'Programação Cultural Portugal-Espanha-50 anos de democracia’

O Centro Dramático Galego e o Concello de Santiago colaboran para a estrea estatal de ‘As bruxas de Salem’ no Auditorio de Galicia

[18/10/2024] Este sábado 19 e outubro, ás 19,00 h., o Auditorio de Galicia acollerá a estrea estatal da produción do Teatro Nacional São João de Porto As bruxas de Salem, dirixida por Nuno Cardoso a partir do texto orixinal de Arthur Miller. O Centro Dramático Galego en colaboración co Concello de Santiago de Compostela posibilita esta representación no marco das liñas de traballo abertas entre a unidade de produción teatral da Xunta coa escena lusa e da carteleira Quintas do Camões.
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visitou o equipo durante un dos ensaios

O Centro Dramático Galego reestrea ‘Terceiro Acto’ con 14 funcións no Salón Teatro e unha xira por outros oito escenarios

[01/10/2024] O Salón Teatro de Santiago de Compostela acolle este xoves 3 de outubro ás 20,00 horas a reestrea de Terceiro acto, produción propia do Centro Dramático Galego de 2021 que regresa aos escenarios como parte da recta final da actividade que a unidade teatral da Xunta de Galicia ten programada para conmemorar o seu 40º aniversario. O espectáculo, con novos nomes no elenco, permanecerá en cartel na capital de Galicia ata o día 20, para iniciar despois unha xira por outros oito concellos galegos.

Anteriores | 1 2 3 4 | 5 | 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal