AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

DO VENRES 6 AO DOMINGO 8, NO SALÓN TEATRO

O novo circo, a danza aérea e a música electrónica suben ao escenario do CDG coa Compañía IO e o espectáculo '4 segundos'

Documento anexo[04/03/2020] O Centro Dramático Galego (CDG) ábrelle as portas do Salón Teatro de Santiago á Compañía IO, que esta fin de semana representa alí o seu espectáculo 4 segundos, no que mestura novo circo, danza e a experimentación coa música electrónica. Son tres as funcións da montaxe programadas neste espazo da Xunta, onde poderá verse o venres 6 e o sábado 7, ás 20,30 h., e o domingo 8, ás 18,30 h.
NO NOSO ESCENARIO, DO VENRES 28 AO DOMINGO 1

Pérez&Fernández estrea no Salón Teatro 'Os nenos da varíola' en coprodución co CDG

Documento anexo[26/02/2020] O espectáculo Os nenos da varíola, da compañía Pérez&Fernández en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), estréase este venres 28 no Salón Teatro de Santiago, onde poderá verse ata o domingo 1 de marzo. A novela homónima de María Solar cobra así vida sobre as táboas, recuperando para os espectadores as historias dalgúns dos protagonistas da Expedición Balmis, grazas á que a vacina da varíola chegou a América e a Asia desde A Coruña.
PÉREZ&FERNÁNDEZ ATÓPASE XA NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO PARA PREPARAR A ESTREA DE ‘OS NENOS DA VARÍOLA’

O programa de residencias do CDG acolle seis compañías en dous meses para traballar nas súas novas montaxes

[17/02/2020] O programa de residencias artísticas que o Centro Dramático Galego (CDG) mantén na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, acollerá ata mediados de abril os equipos de seis compañías galegas para traballar nas súas novas propostas escénicas: Pérez&Fernández, Marta Alonso, La Quintana Teatro, Cámara Negra Teatro, Verdeveras Expresións Artísticas e Incendiaria.
DO 10 AO 14 DE FEBREIRO

O Salón Teatro recibe cinco espectáculos de tres países como sede do 26º Festival Internacional de Teatro Universitario da USC

[09/02/2020] O Salón Teatro de Santiago volve abrirlle as súas portas á escena universitaria como sede da 26ª edición do Festival Internacional de Teatro Universitario, que organiza a Vicerreitoría de Comunicación, Cultura e Servizos da Universidade de Santiago de Compostela (USC) do luns 10 ao venres 14 de febreiro.
CÁNDIDO PAZÓ DIRIXE ESTA MONTAXE, QUE INTERPRETAN TOÑO CASAIS, DANI TRILLO E ARTUR TRILLO

Talía Teatro ocupa esta semana o Salón Teatro con catro funcións de 'Vida de cans' e pases escolares de tres espectáculos

Documento anexo[21/01/2020] A compañía galega Talía Teatro ocupa durante toda esta semana a carteleira do Salón Teatro de Santiago, onde está a desenvolver pases matinais para escolares de tres dos seus espectáculos, ademais de ter programadas catro funcións xerais dun deles, Vida de cans, que poderá verse do xoves 23 ao domingo 26.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 | 39 | 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal