AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

Tres anos de traballo a prol da diversidade cultural e lingüística de Europa

A participación do Centro Dramático no proxecto europeo Phone incide na proxección exterior do teatro galego a través dun centenar de accións

Documento anexo[06/01/2025] O Centro Dramático Galego pecha a súa participación no proxecto europeo Phone despois de ter intervido nun cento de accións escénicas a prol da diversidade lingüística e cultural de Europa, que serviron igualmente para impulsar a proxección exterior do noso teatro e artistas. Ademais da unidade de produción teatral da Xunta de Galicia e doutros departamentos da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, formaron parte desta iniciativa estruturas teatrais e institucións académicas de Alemaña, Francia, Italia, Irlanda, Noruega, Países Baixos e Romanía, dándolle forma á primeira gran colaboración internacional de teatros públicos e privados para a posta en valor das linguas minoritarias.
INICIO DOS ENSAIOS

Pablo Reboleiro dirixe para o Centro Dramático Galego o espectáculo multidisciplinar ‘A serie clopen’

[12/12/2024] O Centro Dramático Galego ensaia xa a súa segunda produción propia da temporada 2024-2025, A serie clopen, espectáculo multidisciplinar para o que conta con Pablo Reboleiro na dirección e cun elenco de sete intérpretes que foi seleccionado nas audicións do pasado mes de outubro. Marián Bañobre, Luz García, Johanna Hess, Raquel Oitavén, Inés Santos, Guillermo Solo e Natalia Pajarito porán en escena esta nova montaxe da unidade teatral da Xunta de Galicia, que será eminentemente física e se irá construíndo a partir das achegas de todo o equipo nas diferentes quendas de ensaios que se desenvolverán ata a súa estrea, prevista para o vindeiro mes de setembro.
Estrea de Salgueiro Maia: cartografía de um monólogo

O Centro Dramático Galego continúa estreitando lazos co teatro portugués como sede do ciclo ‘Quintas do Camões’

[09/12/2024] O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela, volve ser un dos escenarios do ciclo de teatro en lingua portuguesa Quintas do Camões, promovido polo Camões-Centro Cultural Portugués en Vigo. Un ano máis, a unidade teatral da Xunta de Galicia colabora con esta iniciativa co obxectivo de poñer o foco nas raíces comúns dos idiomas galego e portugués, así como de estreitar lazos entre o teatro e a cultura de ambos os países.
FORMACIÓN E INNOVACIÓN NAS ARTES CIRCENSES

O encontro de Circo D10! volve contar con apoio para unha novena edición cunha ducia de espectáculos, laboratorios e coloquios

[26/11/2024] O circo volve protagonizar por noveno ano consecutivo o encontro D10! para a formación e innovación neste ámbito artístico, que se desenvolve en Santiago de Compostela ata o 4 de decembro co Salón Teatro e a Cidade da Cultura de Galicia como dúas das súas sedes. A Xunta de Galicia patrocina este evento, que este ano se estende tamén a Pontevedra no marco da feira Culturgal.

O Centro Dramático Galego inicia os ensaios da súa produción ‘A burra, a mesa e o pau’ baixo a dirección de Lorena Conde

[21/11/2024] O Centro Dramático Galego acaba de iniciar a primeira quenda de ensaios de A burra, a mesa e o pau, primeira produción propia da temporada 2024-2025, que ten prevista a súa estrea o 6 de marzo no Salón Teatro de Santiago de Compostela. Con dirección e dramaturxia de Lorena Conde, o elenco de 15 intérpretes seleccionado nas audicións do pasado mes de outubro porá en escena este espectáculo, no que traballa xa xunto ao resto do equipo artístico e do persoal técnico da unidade teatral da Xunta de Galicia.

Anteriores | 1 2 3 | 4 | 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal