AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

Haberá unha representación ás 20,00 horas no marco da xira iniciada a pasada semana en Tui

A produción do Centro Dramático Galego 'O charco de Ulises' estará o venres no Teatro Principal de Ourense

[10/11/2021] 'O charco de Ulises', a produción do Centro Dramático Galego, dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, estará o venres 12 no Teatro Principal de Ourense, cunha única representación ás 20,00 horas. As entradas están xa á venda en ataquilla.com e poderán adquirirse no despacho de billetes o propio día, de 12,00 a 14,00 h., e desde dúas horas antes do inicio da sesión.
AS FUNCIÓNS COMEZAN O DÍA 5 EN TUI E PROLONGARANSE ATA O 12 DE DECEMBRO

A produción do CDG 'O charco de Ulises' inicia unha xira por vinte concellos de Galicia e Portugal

[03/11/2021] A produción do Centro Dramático Galego 'O charco de Ulises', dirixida por Marián Bañobre e Santiago Cortegoso, arranca o día 5 en Tui unha xira que levará a peza a vinte concellos de Galicia e o norte de Portugal. Así o anunciou hoxe o director do CDG, Fran Núñez, na rolda de prensa realizada na localidade tudense para presentar a función programada para este venres. O percorrido da montaxe polas catro provincias galegas e o país luso prolongarase ata o 12 decembro.
REPRESENTARASE DO 29 AO 31 DE OUTUBRO NO SALÓN TEATRO CON CATRO FUNCIÓNS NAS QUE COLABORA O CONCELLO COMPOSTELÁN

Chega a Santiago 'A lúa vai encuberta', coprodución do Centro Dramático Galego, Incendiaria e A Quinta do Cuadrante

[27/10/2021] 'A lúa vai encuberta', coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) coa Casa Museo Manuel María e as compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante, chega esta semana ao Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde haberá catro funcións de venres a domingo, froito da colaboración entre a unidade teatral da Xunta e o concello compostelán. Dirixida por Tito Asorey e con dramaturxia de Vanesa Sotelo, a peza foi a gañadora do II Certame Manuel María de Producións Teatrais.
CONTRATARANSE 15 PARA 'A PESTE' E SETE PARA 'ÁS OITO DA TARDE, CANDO MORREN AS NAIS'

Seleccionados 22 actrices e actores para os elencos das novas producións do Centro Dramático Galego

[19/10/2021] O Centro Dramático Galego (CDG), unidade teatral da Xunta, seleccionou os integrantes os elencos que interpretarán os seus espectáculos de produción propia previstos para 2022. Trátase de 22 actrices e actores que lles darán vida ás personaxes da adaptación de 'A peste', de Albert Camus, con Cándido Pazó como director, e de 'Ás oito da tarde, cando morren as nais', dirixida por Marta Pazos a partir da dramaturxia de AveLina Pérez.
MAÑÁ MARTES NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO ÁS 20,00 HORAS

O Centro Dramático Galego e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia ofrecen unha lectura dramatizada do texto gañador da Bolsa de dramaturxia e creación

[18/10/2021] O Centro Dramático Galego (CDG) e a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) ofrecen mañá no Salón Teatro de Santiago de Compostela unha lectura dramatizada do texto de Ernesto Is, 'Relato para un incendio', gañador da Bolsa de Dramatuxia e que será levado á escena pola unidade de produción teatral da Xunta en réxime de coprodución. A sesión, de balde e aberta ao público xeral, terá lugar ás 20,00 h. co obxectivo principal de que coñezan a escrita as persoas ou compañías que teñan interese en realizar a montaxe ao abeiro da convocatoria feita pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 | 30 | 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal