AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

O DIRECTOR DA AGADIC MANTIVO UN ENCONTRO CON MARTA PAZOS, RESPONSABLE DA DIRECCIÓN E DA DRAMATURXIA

O Centro Dramático Galego encara os ensaios finais da súa nova produción 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' para a súa estrea o 14 de abril

[21/03/2022] O escenario do Salón Teatro de Santiago acolle desde hoxe os últimos ensaios da nova produción do Centro Dramático Galego (CDG), 'Ás oito da tarde, cando morren as nais'. Con este motivo, o director da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), Jacobo Sutil, mantivo un encontro con Marta Pazos, directora e dramaturga, e con demais membros do equipo da peza que está a preparar a unidade teatral da Xunta para a súa estrea no espazo compostelán o 14 de abril, onde permanecerá ata o 1 de maio. As entradas están xa á venda na web ataquilla.com.
NO MARCO DO CICLO 'CLÁSICAS DESFEITAS' COPRODUCIDO POLA CIDADE DA CULTURA E O CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

A Xunta leva á Cidade da Cultura a estrea de 'Arte sen guión' unha comedia de especulación sobre como sería o teatro na Galicia medieval

[18/03/2022] O ciclo 'Clásicas desfeitas', coproducido pola Cidade da Cultura e o Centro Dramático Galego, unidade teatral da Xunta, arrinca mañá sábado 19 de marzo coa estrea de Arte sen guión, unha comedia que intenta responder desde a creación contemporánea a un misterio por resolver: existiu o teatro en galego na Idade Media? A compañía Galeatro válese das técnicas da improvisación e da musica para construír unha peza cargada de humor na que o antigo e o moderno batallan e dialogan entre si.
A NETA DO AUTOR DA NOVELA QUE INSPIRA A MONTAXE ACUDIU Á SESIÓN NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO

Elisabeth Maisondieu-Camus, neta de Albert Camus, asiste ao espectáculo do Centro Dramático Galego 'A peste' convidada pola Xunta

[12/03/2022] Elisabeth Maisondieu-Camus, neta de Albert Camus e membro da entidade responsable do legado do autor Camus Estate, asistiu xunto ao conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, á representación da produción do Centro Dramático Galego 'A peste', inspirada na obra homónima do Nobel de Literatura francés.
AO ABEIRO DO PROGRAMA DE RESIDENCIAS ARTÍSTICAS DO GAIÁS

A Xunta presenta unha visión contemporánea do teatro medieval galego e portugúes coa nova edición do ciclo 'Clásicas desfeitas'

[10/03/2022] A Xunta presenta este mes os volumes 4 e 5 do ciclo 'Clásicas desfeitas', que este ano leva a escenarios non convencionais obras inspiradas na literatura medieval galega e na renacentista portuguesa. Os dous proxectos, están a tomar forma xa no marco do programa de apoio ao talento creativo das Residencias Artísticas do Gaiás co propósito de achegar unha ollada renovada e actual sobre o patrimonio cultural e artístico.
HABERÁ FUNCIÓNS NO TEATRO PRINCIPAL OS DÍAS 4 E 5 ÁS 20,30 HORAS

Condetrespés e o Centro Dramático Galego estrean 'Rastros' en Santiago no marco da programación da Xunta na Rede Galega de Teatros e Auditorios

[03/03/2022] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea mañá venres no Teatro Principal de Santiago de Compostela a coprodución 'Rastros', da compañía Condetrespés, no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios impulsada pola Xunta en colaboración co Concello. Segundo se informou hoxe nunha rolda de prensa na que participaron o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, haberá funcións os días 4 e 5 ás 20,30 horas e a primeira delas incluirá un encontro ao remate. As entradas poden adquirirse de xeito anticipado no Punto de Información Cultural do concello Zona C, situado na Praza de Cervantes, e no mesmo día do espectáculo no propio teatro, desde unha hora antes do inicio.

Anteriores | 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 | 25 | 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 210 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal