Novas
A SESIÓN INAGURAL SERÁ ÁS 21,00 HORAS NO TEATRO LAURO OLMO
[24/05/2022] O Centro Dramático Galego (CDG) estrea este venres no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras a coprodución 'Asemblea xeral', de Sarabela Teatro. Así se anunciou hoxe nunha rolda de prensa na que participou o director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez. Así, a sesión inaugural da montaxe terá lugar ás 21,00 h. na vila natal e no espazo que leva o nome do coautor do texto, que se leva a escena con dirección de Fina Calleja. As entradas poden adquirirse de xeito anticipado no establecemento local Ton y Son e no propio día no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio.
MAÑÁ PUBLÍCASE A CONVOCATORIA PARA A CONTRATACIÓN DE 18 ACTORES E ACTRICES
[19/05/2022] A Xunta de Galicia pon en marcha tres novas producións do Centro Dramático Galego (CDG) para a temporada 2022-2023, coa publicación mañá no Diario Oficial de Galicia da convocatoria para a contratación de 18 intérpretes. Os títulos provisionais das estreas son 'Recortes, caneos e outras formas de driblar', con Tito Asorey como director; 'Shakespeare en Roma', con catro equipos de dirección, e 'Un hotel de primeira sobre o río', que leva a escena o texto de Xohana Torres codirixido por Gonçalo Guerreiro e María Torres.
ESTARÁ NO SALÓN TEATRO DURANTE DÚAS SEMANAS A PARTIR DE MAÑÁ
[18/05/2022] O espectáculo sobre María Casares 'Continente María', coproducido polo Centro Dramático Galego, Ainé Producións, A Quinta do Cuadrante e o Concello da Coruña, chega mañá xoves ao Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde se ofrecerán oito funcións ao longo de dúas semanas. Anunciouno hoxe o secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, nunha rolda de prensa que contou coa participación do produtor da peza, Xosé A. Touriñán; o director, Tito Asorey, e a actriz Melania Cruz, como elenco, ademais da do director da unidade teatral da Xunta, Fran Núñez.
NO MARCO DA REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS
[15/05/2022] A coprodución do Centro Dramático Galego (CDG) con Ainé Producións e o Concello da Coruña arredor da figura de María Casares, 'Continente María', estréase mañá na cidade herculina no marco da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios promovida pola Xunta en colaboración coas administracións locais. A peza lévase a escena coa compañía A Quinta do Cuadrante e forma parte da axenda conmemorativa impulsada polo Goberno galego co gallo do centenario da actriz. A función inaugural terá lugar no Teatro Rosalía Castro ás 20,30 horas.
CON FUNCIÓNS NO FESTIVAL INTERNACIONAL DE TEATRO DO ALENTEJO E EN COÍMBRA
[09/05/2022] A produción do Centro Dramático Galego (CDG) 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' viaxa esta semana a Portugal, cunha función en Beja, no marco do Festival Internacional de Teatro do Alentejo, e outra en Coímbra. A xira portuguesa do espectáculo que leva a escena o texto de AveLina Pérez, con dramaturxia e dirección de Marta Pazos, forma parte da aposta pola proxección internacional do teatro galego da unidade teatral da Xunta e polo reforzo da colaboración co país luso. Nesta liña, cómpre salientar tamén que o director do CDG, Fran Núñez, se despraza mañá a Viana do Castelo para presentarlle o sistema de teatro inclusivo a Teatro do Noroeste-Viana do Castelo, interesado na ferramenta.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
| 23 |
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
210
| Seguintes