Novas
O CDG INICIARÁ EN LUGO A XIRA GALEGA DO ESPECTÁCULO
[16/11/2006] Arredor de 2.000 espectadores asistiron até o momento en Santiago ao espectáculo do Centro Dramático Galego (CDG)
O regreso ao deserto, do dramaturgo francés Bernad-Marie Koltès, que esta fin de semana ofrece as súas tres derradeiras funcións no Salón Teatro. As entradas para asistir a estas representacións -mañá e o sábado, ás 20.30 horas, e o domingo, ás 18.00- poden adquirise no despacho de billetes do teatro dende dúas horas antes do comezo da montaxe, a un prezo de 10 € sobre o que se aplican os descontos habituais.
IMPARTIDO POR CÁNDIDO PAZÓ, DESENVÓLVESE NO SALÓN TEATRO ATÉ O PRÓXIMO VENRES 17
[13/11/2006] Un total de 14 alumnos inicia hoxe en Santiago o obradoiro titulado
O tema.¿Sobre que queremos escribir?, impartido por Cándido Pazó como actividade inaugural do Centro de Creación Contemporánea, unha nova liña de traballo do Centro Dramático Galego (CDG), que nace para prestar apoio aos autores na súa exploración de tendencias e linguaxes textuais e xestuais.
ALFREDO RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ É O AUTOR DO MANUAL
[27/10/2006] O Centro Dramático Galego vén de publicar o caderno pedagóxico para o estudo da obra
O regreso ao deserto. Segundo Alfredo Rodríguez Fernández, responsable deste manual, trátase "dunha selección de documentos; un caderno para empregar libremente, para axudar á reflexión sobre a creación dun espectáculo".
CELÉBRANSE NO SALÓN TEATRO TODOS OS MÉRCORES, AGÁS O 1 DE NOVEMBRO, ÁS 11.00 HORAS
[25/10/2006] Alumnos dun total de 15 centros de ensino de toda Galicia asistirán ás funcións escolares que o Centro Dramático Galego (CDG) ofrece no Salón Teatro de Santiago coa súa produción
O regreso ao deserto, do dramaturgo francés Bernard-Marie Koltès. Dirixido por Cristina Domínguez Dapena, o novo espectáculo da compañía pública permanecerá neste escenario compostelán até o 19 de novembro, con cinco funcións semanais (o mércores para estudantes –agás o 1 de novembro– e de xoves a domingo para o público xeral).
O ESPECTÁCULO REPRESÉNTASE NO SALÓN TEATRO DE SANTIAGO DO 2O DE OUTUBRO AO 19 DE NOVEMBRO
[18/10/2006] O Centro Dramático Galego (CDG) inaugura o vindeiro venres a súa nova temporada teatral coa estrea, ás 21.00 horas no Salón Teatro de Santiago, do espectáculo
O regreso ao deserto, primeira versión en galego desta obra do dramaturgo francés Bernard-Marie Koltès. A directora da compañía adscrita ao IGAEM da Consellería de Cultura e Deporte, Cristina Domínguez, púxose á fronte desta montaxe que permanecerá en Compostela até o 19 de novembro e será representada noutras oito localidades galegas até finais de xaneiro de 2007.
Anteriores | 1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
| 209 |
210
| Seguintes