AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

ATA O 26 DE OUTUBRO

O Centro Dramático Galego retoma as funcións do espectáculo ‘A serie clopen’ tras o éxito da súa estrea no Salón Teatro de Santiago

Documento anexo[17/09/2025] O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, asistiu esta tarde no Salón Teatro de Santiago de Compostela ao espectáculo do Centro Dramático Galego 'A serie clopen', que retoma as funcións tras a boa acollida do público na súa estrea a pasada fin de semana. Esta nova produción da compañía pública, que permanecerá en cartel ata o 26 de outubro, combina as artes circenses coas matemáticas e a historia para ofrecer unha reflexión crítica sobre os retos aos que se enfronta a mocidade actual.
COOPERACIÓN CO PROXECTO LUSO COMÉDIAS DO MINHO

O proxecto de artes escénicas ‘Ocupación Miñota’ chega a Ponteareas co apoio da Xunta para tender pontes entre Galicia e Portugal

[16/09/2025] O Centro Dramático Galego continúa a tender pontes entre creadores e público das artes escénicas de Galicia e Portugal con Ocupación Miñota, un programa de actividades arredor do teatro, no que se inclúen sesións de formación, conversas e a exhibición de tres espectáculos que terán lugar no marco das Residencias Artistea de Ponteareas do 17 ao 21 de setembro.
PODERÁ VERSE NO SALÓN TEATRO ATA O 26 DE OUTUBRO

O circo protagoniza por primeira vez unha produción propia do Centro Dramático Galego en ‘A serie clopen’

Documento anexo[09/09/2025] O Centro Dramático Galego inaugura a súa nova temporada escénica coa estrea, este xoves 11 de setembro no Salón Teatro de Santiago de Compostela, do espectáculo A serie clopen, primeira produción propia da compañía pública co circo como eixo central. Con dirección escénica de Pablo Reboleiro, quen asina tamén a dramaturxia xunto con Clara Gayo, as artes circenses como clown, acrobacias, malabares ou aéreos son protagonistas nesta montaxe multidisciplinar, na que a música e o humor teñen igualmente un peso importante á hora de propoñer unha reflexión crítica sobre o momento actual e os retos da mocidade. O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, e o director do Centro Dramático Galego, Fran Núñez, presentaron A serie clopen canda o seu equipo artístico, que estivo representado nas intervencións por Pablo Reboleiro, Clara Gayo e a intérprete Raquel Oitavén.
A COMPAÑÍA PÚBLICA PRODUCE OU COPRODUCE 14 NOVOS ESPECTÁCULOS

López Campos presenta a temporada 2025-2026 do Centro Dramático Galego como punto de encontro do sector, concellos e cidadanía

Documento anexo[03/09/2025] O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, presidiu hoxe a presentación da nova temporada 2025-2026 do Centro Dramático Galego, que congregou na súa sede do Salón Teatro, en Santiago de Compostela, medio centenar de representantes de compañías, concellos e entidades culturais coas que a compañía publica colabora no desenvolvemento desta programación baixo o lema O teatro, punto de encontro.
Primeira produción no ámbito do circo

O Centro Dramático Galego entra na recta final dos ensaios de ‘A serie clopen’ cara á estrea do 11 de setembro no Salón Teatro

Documento anexo[21/08/2025] O Centro Dramático Galego atópase xa na recta final dos ensaios de 'A serie clopen', a súa primeira produción propia co circo como eixo central, dando así un paso adiante no apoio e a atención que desde a compañía pública se lle vén prestando a esta arte escénica e aos seus profesionais. Neste caso, o circo serve como punto de referencia para construír un mundo simbólico que convide á reflexión sobre o momento actual.

Anteriores | 1 2 | 3 | 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal