AGADIC

Centro Dramático Galego


Novas

APOSTA POLO TALENTO MOZO E A INTERNACIONALIZACIÓN

O Centro Dramático Galego pecha 2025 con 14 producións, 300 funcións e máis de 40.000 espectadores

[12/01/2026] A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude elevou hoxe ao Consello da Xunta o informe da actividade anual desenvolvida polo Centro Dramático Galego en 2025, no que se recollen as principais cifras e indicadores da súa evolución positiva tanto no que atinxe ao seu impacto no volume de creación escénica como no avance das liñas de conexión coa cidadanía. Así, a unidade teatral pública pechou 2025 tras ter producido ou participado na produción de 14 novos espectáculos e de ter presenza como coprodutor nun total de 305 funcións en máis da metade dos concellos galegos, ás que asistiron máis de 40.000 persoas.
NO 10º ANIVERSARIO DO PASAMENTO DE NEIRA VILAS

O presidente da Xunta asiste á estrea do espectáculo 'Memorias dun neno labrego'

Documento anexo[09/01/2026]
DIRIXIDA POR CÁNDIDO PAZÓ

A Xunta ergue o pano de 2026 no Centro Dramático Galego coa estrea da versión teatral de ‘Memorias dun neno labrego’ en homenaxe a Neira Vilas

Documento anexo[07/01/2026] A Xunta de Galicia abre a súa actividade deste 2026 no Centro Dramático Galego coa estrea mañá, ás 18,00 horas, no Salón Teatro de Santiago de Compostela do espectáculo Memorias dun neno labrego, nova versión teatral da famosa novela de Xosé Neira Vilas producida coa compañía Contraproducións baixo a dirección escénica de Cándido Pazó. Na sede da unidade teatral da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude poderá verse ata o 25 de xaneiro e do 11 ao 15 de febreiro, ademais de xirar inicialmente por outra decena de localidades nestes dous meses.
UN RELATO CORAL SOBRE AMIZADE, RESISTENCIA E ESPERANZA

O Salón Teatro recibe a coprodución do Centro Dramático Galego con Portugal ‘José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983’

Documento anexo[14/12/2025] O Salón Teatro de Santiago de Compostela recibe este vindeiro martes día 16, ás 20,00 h., o espectáculo José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983, no que participa o Centro Dramático Galego xunto con catro institucións culturais de Portugal. A montaxe, inspirada nos concertos de despedida do icónico cantautor luso, estreouse no Teatro Municipal do Porto os pasados 7 e 8 de novembro e puido verse tamén en Lisboa do 11 ao 13 de decembro.
FUNCIÓNS OS DÍAS 5, 6 E 7 DE DECEMBRO

O Centro Dramático Galego presenta no Salón Teatro 'Berenguela na gaiola' en coprodución con Galeatro, Xarope Tulú, FIOT e Fundación Manuel María

[03/12/2025] O Centro Dramático Galego presenta esta semana no Salón Teatro Berenguela na gaiola, unha coprodución entre a compañía pública, Galeatro, Xarope Tulú e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que foi recoñecida co Premio Manuel María de Proxectos Teatrais 2024. A obra está escrita e dirixida por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática, e chega ao escenario compostelán tras a súa estrea os pasados 26 e 27 de setembro en Carballo.

| 1 | 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 27 28 29 30 31 32 33 34 35 36 37 38 39 40 41 42 43 44 45 46 47 48 49 50 51 52 53 54 55 56 57 58 59 60 61 62 63 64 65 66 67 68 69 70 71 72 73 74 75 76 77 78 79 80 81 82 83 84 85 86 87 88 89 90 91 92 93 94 95 96 97 98 99 100 101 102 103 104 105 106 107 108 109 110 111 112 113 114 115 116 117 118 119 120 121 122 123 124 125 126 127 128 129 130 131 132 133 134 135 136 137 138 139 140 141 142 143 144 145 146 147 148 149 150 151 152 153 154 155 156 157 158 159 160 161 162 163 164 165 166 167 168 169 170 171 172 173 174 175 176 177 178 179 180 181 182 183 184 185 186 187 188 189 190 191 192 193 194 195 196 197 198 199 200 201 202 203 204 205 206 207 208 209 | Seguintes


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal