Novas
FUNCIÓNS OS DÍAS 5, 6 E 7 DE DECEMBRO
[03/12/2025] O Centro Dramático Galego presenta esta semana no Salón Teatro
Berenguela na gaiola, unha coprodución entre a compañía pública, Galeatro, Xarope Tulú e o Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT), que foi recoñecida co Premio Manuel María de Proxectos Teatrais 2024. A obra está escrita e dirixida por Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática, e chega ao escenario compostelán tras a súa estrea os pasados 26 e 27 de setembro en Carballo.
ESTREA O 8 DE XANEIRO NO SALÓN TEATRO
[27/11/2025] O director Cándido Pazó traballa xa co elenco e o resto do equipo de
Memorias dun neno labrego na primeira fase dos ensaios da próxima produción do Centro Dramático Galego, coa que a compañía da Xunta de Galicia lembrará a figura de Xosé Neira Vilas no décimo aniversario do seu pasamento. Faino levando ás táboas xunto á compañía Contraproducións unha nova versión teatral desta obra referencial da literatura galega, que poderá verse no Salón Teatro de Santiago de Compostela do 8 de xaneiro ao 25 de xaneiro de 2026.
CINCO ESTREAS EN GALICIA
[21/11/2025] A 10ª edición do Encontro de Formación e Innovación en Circo D10! celebrarase do 23 de novembro ao 2 de decembro con distintas actividades de capacitación e intercambio profesional, así como unha carteleira de espectáculos que lle amosarán ao público a versatilidade e variedade desta disciplina escénica. Santiago de Compostela e Pontevedra acollerán o programa deseñado para o décimo aniversario desta iniciativa pola compañía Pistacatro, que contou co patrocinio da Xunta de Galicia para a súa organización.
EN DECEMBRO EN LISBOA E SANTIAGO
[05/11/2025] O Teatro Municipal do Porto (Portugal) acolle este venres na súa sede do Rivoli a estrea da coprodución
José Afonso, ao vivo nos Coliseus, 1983, na que participa o Centro Dramático Galego, a unidade teatral da Xunta, xunto a outras catro institucións culturais do país veciño. A montaxe, inspirada nos concertos de despedida do icónico cantautor portugués, poderá verse no Porto os días 7 e 8 de novembro e en Lisboa do 11 ao 13 de decembro, antes de poñer rumbo cara a Galicia para o pase que ofrecerá no Salón Teatro de Santiago de Compostela o día 16 dese mes en colaboración co Instituto Camões de Vigo.
ENTRADAS Á VENDA PARA A XIRA
[24/10/2025] O Centro Dramático Galego colgará de novo o cartel de "entradas esgotadas" nas tres últimas funcións do seu espectáculo A serie clopen esta fin de semana no Salón Teatro de Santiago de Compostela, onde terá sido visto por arredor de 5500 persoas desde a súa estrea o pasado 11 de setembro. Tras os 33 pases ofrecidos na sede da compañía da Xunta, tamén completando as butacas dispoñibles en varias ocasións, o espectáculo iniciará a finais de mes unha xira que o levará a outros cinco escenarios de Galicia e Portugal.
| 1 |
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
32
33
34
35
36
37
38
39
40
41
42
43
44
45
46
47
48
49
50
51
52
53
54
55
56
57
58
59
60
61
62
63
64
65
66
67
68
69
70
71
72
73
74
75
76
77
78
79
80
81
82
83
84
85
86
87
88
89
90
91
92
93
94
95
96
97
98
99
100
101
102
103
104
105
106
107
108
109
110
111
112
113
114
115
116
117
118
119
120
121
122
123
124
125
126
127
128
129
130
131
132
133
134
135
136
137
138
139
140
141
142
143
144
145
146
147
148
149
150
151
152
153
154
155
156
157
158
159
160
161
162
163
164
165
166
167
168
169
170
171
172
173
174
175
176
177
178
179
180
181
182
183
184
185
186
187
188
189
190
191
192
193
194
195
196
197
198
199
200
201
202
203
204
205
206
207
208
209
| Seguintes