AGADIC

Centro Dramático Galego


Unha escena da Cabana de Babaiagá, na que pode verse á actriz Paula Carballeira acompañada de varios músicos. Escena do espectáculo Illa Reunión, na que un home sostén a unha muller sobre un dos seus ombreiros.

En cartel

No primeiro semestre de 2006 o Centro Dramático Galego (CDG) leva a cabo a produción e a representación das pezas A cabana de Babaiagá, creada por Paula Carballeira, e Illa Reunión, de Ana Vallés.

A Cabana de Babaiagá

Unha historia creada e narrada pola actriz Paula Carballeira. Toma como escusa a bruxa Babaiagá para falar dos medos (á morte, a medrar, á escuridade, etc.) e fai acompañar a súa narración pola música de compositores como Chaikovski, Luov-Companeets ou Xostacóvich.

Paula Carballeira achégalles ás nenas e aos nenos de entre 6 e 11 anos terras descoñecidas e afastadas de Galicia. As súas representacións pasaron por Ferrol, Monforte, Muros, Oleiros, Ribadeo, Santiago e Viveiro, e en outono regresan aos escenarios.

Ficha técnica

  • Dirección/narración: Paula Carballeira
  • Músicos: Alfredo Gómez (clarinete), Alexandre Lugo (viola), Yuri Sdar (baixo acústico), Manolo Vázquez (frautas, gaita, xilófono, percusión) e Vadzim Yujnevich (baián).
  • Dirección e coordinación musical: Manolo Vázquez
  • Axudante de dirección: Chiqui Pereira
  • Deseño de escenografía e iluminación: Suso Díaz
  • Deseño de vestiario: Ruth Pereira
  • Realización da escenografía: Arteficción
  • Guía didáctica: Nate Borrajo e Pablo Otero 'Peixe'
  • Deseño gráfico e maquetación: Pablo Otero 'Peixe'

Illa Reunión

Unha historia coral que acontece nun lugar calquera, mesmo en Galicia; un lugar que Ana Vallés deu en chamar Illa Reunión. A intención é reflectir a mitoloxía das viaxes e dos viaxeiros, a través de personaxes chegadas de lugares diversos e con ansia de ir aínda máis alá.

Malabares, música, monólogos, danza... todo se mestura en Illa Reunión creando ambientes novos, decorando cada unha das historias, sempre persoais, das persoaxes que a habitan e que recalou nos escenarios de Vigo, Pontevedra, Santiago, Ferrol, Ourense, Narón, A Coruña e Ribadeo.

Ficha técnica

  • Creación e dirección: Ana Vallés
  • Axudante de dirección: Marina Wainer
  • Auxiliar de dirección: Santi Mañasco
  • Actores e bailaríns: Daniel Abreu (dende Canarias con bombilla), Helen Bertels (dende Alemaña con bolso vermello), Matxalen Bilbao (dende Bermeo sen idade para bailar), Xoán Cejudo (de viaxe dende Monelos), Antón Coucheiro (dende Antas de Ulla con táboa para pasar o ferro), Borja Fernández (en burro dende Salcedo a Francia), Roberto Leal (dende Arxentina en barco), Marta Pazos (dende Pontevedra sen tempo para chorar), Emma Silva (dende Ponferrada con mimosas)e Sergio Zearreta (dende Amorebieta con gafas de sol).
  • Músicos: Pablo Dopazo (bombardino), Manuel O. Paino (trompeta), Hugo Portas (tuba), Pablo Santaclara (tuba e tuba con auga), Borja Fernández (percusións) e Sergio Zearreta (percusións e asubíos).
  • Deseño de iluminación e espazo escénico: Baltasar Patiño
  • Vestiario: Marina Wainer e Ana Vallés
  • Arranxos musicais: Luis Soto
  • Selección e produción musical: Baltasar Patiño
  • Deseño gráfico: Taller DD
  • Fotografía: María Chenut
  • Imaxe do cartel e programas: Baltasar Patiño
  • Asesoramento lingüístico: Begoña Rei
  • Realización de elementos escenográficos: Armesa

AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal