AGADIC

Centro Dramático Galego


Formación


Impartido por Jordi Casanovas

"Ficción e documento". Taller de dramaturxia

[08/07/2019 - 12/07/2019]

Jordi Casanovas propón tomar como base material auténtico preexistente para que as persoas participantes neste taller confeccionen conxuntamente unha peza de ficción documental, unha obra de teatro verbatim.
Con este proceso aprenderase tamén a reescribir os textos propios para dotalos dunha maior tensión e progresión dramática. Partirase neste taller de material documental pertencente á recente realidade galega. Exemplos de pezas de teatro verbatim escritas por Jordi Casanovas son Fato, Port Arthur, Ruz/Bárcenas ou Manda, recentemente estreada no Teatro Pavón Kamikaze.

JORDI CASANOVAS
Dramaturgo e director teatral, foi fundador e director artístico da SALAFlyHard dende a temporada 2010-11 ata 2013. Realizou estudos de Enxeñería Superior de Telecomunicacións, e licenciouse en Belas Artes no ano 2005. É profesor de Dramaturxia no Institut del Teatre, Eolia e Escac.
Escribiu unha trintena de textos teatrais, entre os que destacan Mala broma (Sala Muntaner, 2018), Port Arthur (Festival Grec, 2016), Idiota (Sala Muntaner, 2015/Pavón Kamikaze), Vilafranca (Teatres amics/Teatre Lliure, 2015), Ruz-Bárcenas (Teatro del Barrio, 2014), Unha historia catalana (TNC, xuño 2011), Patria (Teatro Libre, 2012), Un home con gafas de pasta (SALAFlyHard, 2010/Pensión de las pulgas, 2014), Cena con batalla (Versus Teatre, 2010), A Revolución (La Villarroel, 2009), Lena Woyzeck (Temporada Alta, 2008), A Ruína (La Villarroel, 2008), City/Simcity (Sala Beckett/Club Capitol, 2007), e Wolfenstein (AREAtangent/Versus Teatre, 2006).
Entre os premios recibidos, destacan o Premio Ciudad de Valencia por Estralls, Premio Ciudad de Alcoy 2005 con Beckenbauer, Premio Marqués de Bradomín 2005 con Andorra e Josep Robrenyo 2002 con As mellores ocasións. A triloxía composta por Wolfenstein, Tetris e City/Simcity recibiu o Premio da Crítica de Barcelona á revelación da temporada 2006-07, o Premio Crítica Serra de Oro ao mellor texto teatral de 2006 e nominacións aos Premios Butaca e Premios Max.
Obtivo tamén o Premio Butaca ao mellor texto teatral 2009 por A Revolución; Premio Time Out á mellor obra 2011 por Un home con gafas de pasta; Premio Butaca ao mellor texto teatral 2011 por Unha historia catalana e 2015 por Vilafranca, e Premio Ciudad de Barcelona de teatro por Patria.

INFORMACIÓN ÚTIL:

Prazas
10 + ouvintes (prazas limitadas)
10 dramaturgos/as profesionais ou con formación previa
Ouvintes: Estudantes ou profesionais de todos os ámbitos das Artes Escénicas

Lugar e horario
Salón Teatro, Rúa Nova 34, 15705 Santiago de Compostela.
De luns a venres de 10.00 a 15.00 horas.

Total sesións e horas
5 sesións. Total 25 horas.

Selección
Mediante CV.
As persoas solicitantes deberán enviar o seu curriculum debidamente actualizado acentro.dramatico.galego@xunta.gal co asunto Taller CDG de Dramaturxia.

Prezos
95 € para participantes
60 € para participantes membros da AAAG e da asociación de Artistas de Circo / estudantes / desempregados
45 € para ouvintes

Prazo de recepción de solicitudes
Do mércores 5 ao domingo 16 de xuño.

Publicación da lista de participantes
Venres 21 de xuño na web do CDG.
Só serán avisadas por correo electrónico as persoas seleccionadas como participantes e as que estean incluídas na lista de espera.

Formalización de matrícula
Do venres 21 ao luns 24 de xuño.
As persoas seleccionadas deberán ingresar o importe correspondente en Abanca na conta núm. ES66 2080 0388 2531 1000 2055 baixo o concepto Taller CDG de Dramaturxia.
Para asegurar a praza nos talleres, cumprirá realizar o ingreso dentro do período establecido, e remitir o xustificante bancario do ingreso xunto co formulario de inscrición debidamente cuberto a centro.dramatico.galego@xunta.gal. De non facerse, a praza será ocupada pola seguinte persoa na lista de espera.

+ información
Tel. 881 867 229/26 de 9.00 a 14.00 horas.
centro.dramatico.galego@xunta.gal

Enderezo:

Salón Teatro. Rúa Nova 34
15705 Santiago de Compostela
Tel. 881 867 229 de 9.00 a 14.00 h
centro.dramatico.galego@xunta.gal

Prazo inscrición:

[05/06/2019 - 16/06/2019]


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal