Impartido por Rosa Moledo
"As cancelas do falar". Taller de competencia lingüística
[01/07/2019 - 05/07/2019]
Que estamos facendo mal á hora de trasladar o noso modelo de lingua aos escenarios? Na produción teatral caemos moitas veces na falta de naturalidade, é dicir, nunha artificialidade lingüística. As eivas parten ás veces xa do texto escrito, cando este recolle construcións totalmente alleas á lingua na que se supón que está escrito. Se a isto lle unimos unha oralidade deficiente á hora de reproducir e interpretar ese texto, o resultado é un produto artificial e carente de toda a musicalidade e os matices propios da nosa lingua.
Por outra parte, sucede tamén que aquelas e aqueles profesionais cun dominio absoluto do galego —ben por ser a súa lingua materna, ben por ser produto dunha aprendizaxe en profundidade— en moitas ocasións acaban "contaminadas/os" e reproducindo un falar que non lles corresponde ou non lles debía corresponder.
Que podemos facer?
Neste obradoiro analizaremos a situación para saber onde estamos e o camiño que temos por diante. Despois desta análise, as xornadas serán enteiramente prácticas. Traballaremos con textos teatrais, guións cinematográficos etc. Haberá que falar, gravarse e escoitarse. Todo o que fagamos vai estar centrado na competencia lingüística e, sobre todo, na prosodia.
ROSA MOLEDO
Especialista en tradución audiovisual, ten no seu haber numerosos traballos tanto para televisión como para cine, entre os que se poden citar:
Fisterra,
Sei quen es,
A lingua das bolboretas,
Lena,
Os luns ao sol,
O misterio Galíndez,
13 Badaladas,
O lapis do carpinteiro,
O ano da carracha,
Abrígate,
Agallas,
Conexións,
Cela 211,
Engurras,
O sexo dos anxos,
A árbore magnética,
Somos xente honrada,
Os fenómenos ou
O noso último verán en Escocia.
Tamén é asesora e supervisora lingüística en numerosas sesións de dobraxe para televisión e cine, así como na rodaxe de diversos programas de entretemento e series televisivas, como é o caso de
Mareas vivas e
Fariña.
INFORMACIÓN ÚTIL:
Prazas
15 + ouvintes (prazas limitadas)
15 actrices/actores profesionais ou con formación actoral previa
Ouvintes: Estudantes ou profesionais de todos os ámbitos das Artes Escénicas
Lugar e horario
Salón Teatro, Rúa Nova 34, 15705 Santiago de Compostela.
De 10.00 a 15.00 horas.
Total sesións e horas
5 sesións. Total 25 horas.
Selección
Mediante CV.
As persoas solicitantes deberán enviar o seu curriculum debidamente actualizado a
centro.dramatico.galego@xunta.gal co asunto
Taller CDG de Competencia lingüística.
Prezos
95 € para participantes
60 € para participantes membros da AAAG e da asociación de Artistas de Circo / estudantes / desempregados
45 € para ouvintes
Prazo de recepción de solicitudes
Do mércores 5 ao domingo 16 de xuño.
Publicación da lista de participantes
Venres 21 de xuño na
web do CDG.
Só serán avisadas por correo electrónico as persoas seleccionadas como participantes e as que estean incluídas na lista de espera.
Formalización de matrícula
Do venres 21 ao luns 24 de xuño.
As persoas seleccionadas deberán ingresar o importe correspondente en Abanca na conta núm. ES66 2080 0388 2531 1000 2055 baixo o concepto
Taller CDG de Competencia lingüística.
Para asegurar a praza nos talleres, cumprirá realizar o ingreso dentro do período establecido, e remitir o xustificante bancario do ingreso xunto co formulario de inscrición debidamente cuberto a
centro.dramatico.galego@xunta.gal. De non facerse, a praza será ocupada pola seguinte persoa na lista de espera.
+ información
Tel. 881 867 229/26 de 9.00 a 14.00 horas.
centro.dramatico.galego@xunta.gal
Enderezo:
Salón Teatro. Rúa Nova 34
15705 Santiago de Compostela
Tel. 881 867 229 de 9.00 a 14.00 h
centro.dramatico.galego@xunta.gal Prazo inscrición:
[05/06/2019 - 16/06/2019]