Impartido por Pablo Viar
"Xogar a ser outr@". Taller de construción de personaxes
[24/06/2019 - 28/06/2019]
A partir da súa formación na LAMDA de Londres, e da súa experiencia pedagóxica e profesional no teatro de texto e musical (ópera e zarzuela), Pablo Viar ofrécelles ás persoas participantes neste taller unha ampla selección de ferramentas e xeitos de abordar a construción de personaxes e o tratamento de situacións dramáticas, a través do emprego consciente do corpo e da voz.
Tendo en consideración a importancia do espazo e o tempo dentro do feito teatral, as actrices e actores son convidados a investigar identidades teatrais vivas, capaces de sentir, reaccionar, intuír e interrelacionarse en presente, a partir do descubrimento dunha neutralidade corporal e expresiva.
PABLO VIAR
É diplomado en Música e Artes Escénicas pola London Academy of Music and Dramatic Art de Londres (LAMDA). Desde 2005 traballa como director de teatro, ópera e zarzuela, ademais de como axudante de directores como Tomaz Pandur, Emilio Sagi, Graham Vick ou Robert Wilson.
Na actualidade está preparando Enigma Pessoa, exploración sobre a figura do célebre escritor portugués que puido verse no Teatro de La Abadía o pasado outono.
INFORMACIÓN ÚTIL:
Prazas
15 + ouvintes (prazas limitadas)
15 actrices/actores profesionais ou con formación actoral previa
Ouvintes: Estudantes ou profesionais de todos os ámbitos das Artes Escénicas
Lugar e horario
Pazo de Bendaña, Praza do Toural 8, 15705 Santiago de Compostela.
De 10.00 a 15.00 horas.
Total sesións e horas
5 sesións. Total 25 horas.
Selección
Mediante CV.
As persoas solicitantes deberán enviar o seu curriculum debidamente actualizado a
centro.dramatico.galego@xunta.gal co asunto
Taller CDG de Construción de personaxes.
Prezos
95 € para participantes
60 € para participantes membros da AAAG e da asociación de Artistas de Circo / estudantes / desempregados
45 € para ouvintes
Prazo de recepción de solicitudes
Do mércores 5 ao mércores 12 de xuño.
Publicación da lista de participantes
Luns 17 de xuño na
web do CDG.
Só serán avisadas por correo electrónico as persoas seleccionadas como participantes e as que estean incluídas na lista de espera.
Formalización de matrícula
Do luns 17 ao mércores 19 de xuño.
As persoas seleccionadas deberán ingresar o importe correspondente en Abanca na conta núm. ES66 2080 0388 2531 1000 2055 baixo o concepto
Taller CDG de Construcción de personaxes.
Para asegurar a praza nos talleres, cumprirá realizar o ingreso dentro do período establecido, e remitir o xustificante bancario do ingreso xunto co formulario de inscrición debidamente cuberto a
centro.dramatico.galego@xunta.gal. De non facerse, a praza será ocupada pola seguinte persoa na lista de espera.
+ información
Tel. 881 867 229/26 de 9.00 a 14.00 horas.
centro.dramatico.galego@xunta.gal
Enderezo:
Salón Teatro. Rúa Nova 34
15705 Santiago de Compostela
Tel. 881 867 229 de 9.00 a 14.00 h
centro.dramatico.galego@xunta.gal Prazo inscrición:
[05/06/2019 - 12/06/2019]