Impartido por Míkel Arístegui
"O corpo como forma de expresión". Taller de adestramento físico
[17/06/2019 - 21/06/2019]
A partir do traballo corporal como base, o bailarín e coreógrafo Mikel Aristegui propón unha serie de exercicios simples de tonificación e preparación do corpo, para máis tarde xogar, por parellas ou en grupo, creando situacións teatrais que evoquen unha coreografía dinámica e poética combinada cunha estética particular para descubrir xuntos a estética do movemento.
Taller para actrices e actores, onde o corpo en movemento é a linguaxe primordial. Non é necesaria ningunha experiencia previa como bailarín/na.
MÍKEL ARÍSTEGUI
Cursou estudos de danza na prestixiosa escola de Pina Bausch en Essen, Alemaña. Colaborou coas compañías DV8 Physical Theater (Londres) e Sasha Waltz & Guess (Berlín) como bailarín/interprete. Co director Thomas Ostermeier, realiza a coreografía para a peza
Der Tod in Venedig/Kindertotenlieder (A morte en Venecia/Cancións dos nenos mortos), e participa tamén en varias producións do Maxim Gorki Theater de Berlín.
Desde 1994 realiza as súas propias montaxes. Nos seus case 30 anos como profesional, leva impartidos moitos cursos de danza e improvisación para estudantes de interpretación, de arquitectura e de deseño, ademais de realizar máis de 15 producións para escolas. Obtivo o primeiro premio de coreografía no certame coreográfico de Madrid en 1994.
INFORMACIÓN ÚTIL:
Prazas
15 + ouvintes (prazas limitadas)
15 actrices/actores profesionais ou con formación actoral previa
Ouvintes: Estudantes ou profesionais de todos os ámbitos das Artes Escénicas
Lugar e horario
Salón Teatro, Rúa Nova 34, 15705 Santiago de Compostela.
De 10.00 a 14.00 horas.
Total sesións e horas
5 sesións. Total 20 horas.
Selección
Mediante CV.
As persoas solicitantes deberán enviar o seu curriculum debidamente actualizado a
centro.dramatico.galego@xunta.gal co asunto
Taller CDG de Adestramento físico.
Prezos
95 € para participantes
60 € para participantes membros da AAAG e da asociación de Artistas de Circo / estudantes / desempregados
45 € para ouvintes
Prazo de recepción de solicitudes
Do mércores 5 ao domingo 9 de xuño.
Publicación da lista de participantes
Mércores 12 de xuño na
web do CDG.
Só serán avisadas por correo electrónico as persoas seleccionadas como participantes e as que estean incluídas na lista de espera.
Formalización de matrícula
Do mércores 12 ao venres 14 de xuño.
As persoas seleccionadas deberán ingresar o importe correspondente en Abanca na conta núm. ES66 2080 0388 2531 1000 2055 baixo o concepto
Taller CDG de Adestramento físico.
Para asegurar a praza nos talleres, cumprirá realizar o ingreso dentro do período establecido, e remitir o xustificante bancario do ingreso xunto co formulario de inscrición debidamente cuberto a
centro.dramatico.galego@xunta.gal. De non facerse, a praza será ocupada pola seguinte persoa na lista de espera.
+ información
Tel. 881 867 229/26 de 9.00 a 14.00 horas.
centro.dramatico.galego@xunta.gal
Enderezo:
Salón Teatro. Rúa Nova 34
15705 Santiago de Compostela
Tel. 881 867 229 de 9.00 a 14.00 h
centro.dramatico.galego@xunta.gal Prazo inscrición:
[05/06/2019 - 09/06/2019]