AGADIC

Centro Dramático Galego


GALEATRO + XAROPE TULU + CDG + FUNDACIÓN MANUEL MARÍA + FOIT CARBALLO: Berenguela na gaiola

Dramaturxia: Paula Carballeira e Manuel María
Dirección: Paula Carballeira

"Todo o mundo podía reclamar para si a condición de neno" (Manuel María)

Nunha residencia da Terceira Idade traen de volta a Berenguela, unha anciá que aproveita para fuxir en canto pode. Quere volver á súa casa na aldea, onde sempre viviu, onde é feliz. Berenguela protesta, rosma, funga, ata que a súa amiga Aurora consegue acougala. Aurora é outra anciá prisioneira, unha anciá que non lembra ben quen é, así que pode ser o que ela queira. Na mesma residencia está Tomás, que pasa o día mirando pola xanela, cismando nas súas cousas, triste e gris.

Berenguela propón unha revolta, que se volvan salvaxes e perigosas, pero Aurora suxire que fagan no teatro o que non lles deixarían facer na realidade. Cre lembrar que foi actriz e que hai unha peza co nome de Berenguela. Berenguela coñece a peza, por iso leva o seu nome. As dúas enredan a Tomás e Tomás déixase enredar. No teatro atopan a liberdade que cren perdida, a posibilidade de cambiar o mundo, ou, polo menos, o seu mundo.

Así comeza a representación da peza: "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela", onde cadaquén escolle o personaxe que quere representar. Irán entrando e saíndo das escenas, debatendo, interrompendo o desenvolvemento da peza, xogando coma nese pasado que crían esquecido porque aconteceu moitos, moitos anos atrás, na ilusión da nenez.


Ficha Artística:
Intérpretes: Alba Bermúdez, Atenea García, Tone Martínez
Espazo escénico: Nicolás Zamorano
Espazo sonoro: Xabi Bertolo
Deseño Iluminación: Nacho Martín
Caracterización: Lorena Calvo
Deseño gráfico, foto e vídeo: Sol Álvarez
Dramaturxia: Paula Carballeira e Manuel María
Dirección: Paula Carballeira

berenguela_300X300

Próximas representacións

5 de decembro - 7 de decembro
/// 18.00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Venres 5, sábado 6 e domingo 7 de decembro, ás 18.00 h

Venda anticipada de entradas en Ataquilla



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal