AGADIC

Centro Dramático Galego


CDG en coprodución con RAQUEL CRESPO: Punto en boca: Entre fíos anda o lío

Creación e interpretación: Raquel Crespo
Dramaturxia: Susana Crespo

Este espectáculo é o primeiro resultado do proxecto Punto en boca, recoñecido co VI Premio Luísa Villalta para proxectos pola igualdade, que durante os meses de febreiro e marzo desenvolveu unha decena de actividades e obradoiros arredor do mundo da costura no concello de Culleredo.

Da man da súa creadora, Raquel G. Crespo, a obra propón unha reflexión sobre o valor dos oficios tradicionais e sobre o papel das mulleres no ámbito téxtil, utilizando o teatro como ferramenta para divulgar e reivindicar estas profesións. Trátase dun espectáculo de carácter familiar protagonizado por unha muller, metade actriz, metade costureira, que percorre o mundo co seu carromato: un fogar con rodas que é, ao mesmo tempo, escenario e taller. Viaxa soa, pero sempre acompañada. Xunto a ela, unha araña discreta, incansable, tecedeira de silencios.

Ademais do apoio do Centro Dramático Galego a través do seu programa de coproducións, Punto en boca: Entre fíos anda o lío conta coa colaboración da compañía El Ruiseñor e do Concello de Culleredo. Poderá verse nunha trintena de concellos galegos durante a xira que desenvolverá ata finais de agosto.


Ficha artística:
Creación e interpretación: Raquel Crespo
Dramaturxia: Susana Crespo
Música: Xosé Lois Romero



punto_en_boca

Próximas representacións

18 de xullo
/// 12.00
IRIXOA, no Pavillón Municipal


20 de xullo
/// 21.00
RIBADUMIA, no Auditorio ou na Praza do Concello


23 de xullo
/// 20.00
CELANOVA, Na Praza Maior ou no Claustro da Igrexa


26 de xullo
/// 11.30
CURTIS, na Carballeira


26 de xullo
/// 21.00
A POBRA DO BROLLÓN


30 de xullo
/// 20.30
A LAMA


31 de xullo
/// 21.00
A ARNOIA


1 de agosto
/// 19.30
VILAMARTÍN DE VALDEORRAS


2 de agosto
/// 20.30
RODEIRO


3 de agosto
/// 21.00
BEADE, no Agro da Igrexa


4 de agosto
/// 21.00
A RÚA


6 de agosto
/// 21.00
SARRIA


8 de agosto
/// 17.30
TABOADA


9 de agosto
/// 23.00
FRIOL


10 de agosto
/// 20.00
PAZOS DE BORBÉN


13 de agosto
/// 20.00
MUGARDOS


14 de agosto
/// 18.00
MEIRA


15 de agosto
/// 20.00
RÁBADE


16 de agosto
- 14.00
BAÑOS DE MOLGAS


20 de agosto
/// 22.00
A CAÑIZA, na Praza Maior


21 de agosto
/// 20.00
CARRAL


22 de agosto
/// 20.30
ALLARIZ, na Praza do Matadoiro


24 de agosto
/// 20.00
O VALADOURO


26 de agosto
/// 20.00
OROSO


28 de agosto
/// 20.00
LOURENZÁ


29 de agosto
/// 21.30
LOUSAME, no Centro de Interpretación das Minas de San Fins




AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal