Dirección, dramaturxia e produción: Mariña Lestón
Interpretación: Mariña Lestón
Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar as persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar as que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron… Para que as súas historias non caian no esquecemento. Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón.
Proposta de teatro unipersoal dirixida ao público adolescente e adulto, programada en lugares emblemáticos e cargados de historia e escenarios inmersivos do noso litoral, que permitirán conectar o público co pasado a través desta montaxe, na que a música e as imaxes potenciarán tamén unha experiencia sensorial e emocional.