AGADIC

Centro Dramático Galego


XANPATITO PATO: Compaña

Galicia Escena PRO. Mercado galego de de artes escénicas organizado pola Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e a asociación profesional Escena Galega.


Este espectáculo fusiona o circo co mundo dos monicreques, creando imaxes e escenas que transportan o espectador a un mundo surrealista e onírico.

Un personaxe solitario en busca de compañía explora a súa imaxinación para dar vida a cada un dos seus pensamentos. A través deste proceso, consegue sentirse acompañado e leva o público por un camiño cheo de sorpresas e risas.

A compañía

Jesús Velasco comeza a súa carreira artística en Galicia en 2011, entrando a formar parte da escola de circo Circonove. Entre os anos 2013 e 2015 continúa os seus estudos na escola de formación profesional Carampa e é aquí onde se forma a compañía Pass & Company, gañadora do Talent Madrid na disciplina de circo e artes alternativas. En 2016 a compañía crea Juguete Roto 3p0, premiado na sección Off do 18º TAC de Valladolid. En 2017 Jesús Velasco funda a compañía Xampatito Pato, coa que crea Só., un espectáculo que tivo unha grande acollida entre o público e gañador, entre outros, do premio MUECA 2023, do premio do público en MalabHaría 2020 e do segundo premio Panorama Circada 2019.


Ficha artística

Autoría: Jesús Velasco
Dirección: Jorge Jiménez, Jesús Velasco
Elenco: Jesús Velasco
Escenografía: CruLe Produccións
Iluminación: Rafael Díaz Ramírez
Vestiario: Alicia Tojo
Costura de bonecos: Lorena Mariño
Pintura: Raquel Germade

Co apoio de Café de las Artes Teatro, Zirkozaurre, La madriguera azul, Circonove e os concellos de Ames, Outes e Rianxo

Todos os públicos, a partir de 6 anos
Circo, marionetas
50 minutos



compaña


AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal