AGADIC

Centro Dramático Galego


AMALIA FERNÁNDEZ: Solala

Festival Escenas do Cambio 2025

Danza. España
Creación e dirección: Amalia Fernández

Solala é o título dun proceso creativo en soidade que comezou no verán de 2022 e que foi mudando e diversificándose ao entrar en contacto cos acontecementos da miña vida persoal: a miña paixón pola salsa, a morte da miña nai, unha nova mudanza de casa co seu correspondente traslado… Así que, finalmente, Solala é un periplo que dá lugar a tres pezas escénicas independentes entre si, aínda que inevitablemente conectadas polo feito de ter xurdido nun mesmo momento vital e cun mesmo carácter íntimo, subxectivo e humanista.

Peza primeira: «Familia»
Partindo dun elemento común para todas e todos, como pode ser a fotografía familiar, xorde un relato. De feito, penso que esa é a única razón para tomar e gardar fotografías: poder contar historias a partir delas e, quizais tamén, traer por un intre ao noso presente un tempo e unhas xentes que xa pasaron. Poderíase dicir que Familia é unha especie de conferencia performativa.

Peza segunda: «Bailar el problema»
Penso que Cuba son as e os cubanos ou, mellor dito, o arquivo de memoria que cada un deles sostén coa súa soa existencia: unha mitoloxía feita de case infinitos relatos particulares cos que se constrúe a verdadeira Historia, ou polo menos a que a min me interesa; a que me ten mobilizado (subido, baixado, xirado, trasladado, lanzado, retido, acompañado) e, en certa medida, tamén a que se transforma no seu encontro comigo… Poderíase dicir que Bailar el problema é unha especie de documental.

Peza terceira: «Caja de cuadritos»
Lembro que hai moitos anos fun ao cole dos meus fillos e fillas porque nos pediron a varios pais e nais que fósemos explicarlles ás nenas e nenos en que consistía o noso traballo. En que consiste ser artista? Esa era a pregunta que me facían. Se me vise nesa mesma situación neste momento, a miña resposta sería facerlles unha representación de Caja de cuadritos. Poderíase dicir que Caja de cuadritos é un musical.

Amalia Fernández
Formouse como bailarina no Conservatorio de Sevilla e posteriormente en danza contemporánea con diversas artistas como Ana Buitrago, Olga Mesa, Elena Córdoba e Mónica Valenciano. Foi membro da Cia. El Bailadero de Mónica Valenciano durante dez anos e a partir de 2005 comeza a crear e dirixir o seu propio traballo.
As súas obras máis destacadas son Kratimosha (2009), En Construcción (2011), El resistente y delicado hilo musical (2017), Expografía (2019), Neti Neti (2021) e Solala (2024). Creou outra serie de pezas en colaboración con artistas como Juan Domínguez, Nilo Gallego, Cuqui Jerez, Sonia Gómez etc.
Na súa faceta docente, colabora con institucións públicas (Museo de Arte Contemporáneo Reina Sofía, MPECV, Institut del Teatre de Barcelona, Facultade de Belas Artes da Complutense, etc.) e tamén con diversas estruturas privadas, tanto impartindo laboratorios como acompañando procesos de creación doutras e doutros artistas.


Ficha técnica:
Creación e dirección: Amalia Fernández
Intérpretes: Dianelis Diéguez, Alejandro González, Amalia Fernández, Andrés Martínez
Deseño de luz e coordinación técnica: Isaac Torres
Deseño e realización visual: Andrés Martínez
Música orixinal: Iván Naval
Fotografía: Alfredo Cáliz, Tristán Pérez
Distribución: Dianelis Diéguez
Deseño de vestiario: Estrella Martínez
Fotografías, teaser e vídeo do espectáculo: Tristán Pérez/La Caldera
Duración: 120 min

solala

Próximas representacións

11 de maio
/// 18.00
Salón Teatro
Rúa Nova, 34. 15705, Santiago de Compostela
Teléfono: 881 867 229 (oficina) | 881 867 223 (despacho de billetes)
Prezo: 9 €. Venda anticipada de entradas en Ataquilla



AGADIC Marca gráfica da Xunta de Galicia

Accesibilidade | Aviso legal