Danza. Corea do Sur
Coreógrafo/Bailarín: Baesub Keum
A miña capacidade de percibir as cousas en movemento esgótase antes de decatarme.
Non son quen de comunicarme con elas, o que provoca disfuncións e malentendidos.
A medida que a miña percepción do movemento se desgasta, vou creando unha relación coas cousas inmóbiles.
Comezo a parecerme a elas.
«O proceso de asemellarse a través do desgaste».
Acollo este desgaste.
Chumpan Yamoo
Compañía de danza fundada en 2009 en Corea, desde entón, a relación entre os seres humanos é o seu foco de acción. A estrea de As for Me en 2019 marcou un punto de inflexión para o grupo, que a partir dese momento desenvolveu a súa propia metodoloxía do «concepto creativo de separación», que busca desmantelar as obras mediante a separación e perseguir a creación de pezas con espazos en branco. Considera que así o público terá máis liberdade para imaxinar e interpretar, precisamente no momento en que xorde o espazo baleiro.
Entre as súas obras destacadas de danza en solitario atópanse Lunatic seesaw, Island, Are you really Human, Hug, Question mark e Worn Out. Destacan tamén as súas producións para danza en grupo In Between, Work, Because of The Liver, As for Me, About Being Seen e Zebra Crossing.
Chumpan Yamoo recibiu, entre outros galardóns, o premio á excelencia no festival internacional de danza de Busan AK21 (2016), o premio Dong-A de Teatro (nos anos 2020 e 2015), o Dance Vision Award outorgado por The Contemporary Dance Promotion of Korea (2021) e o Dance Arts Award da revista de danza Momm no mesmo ano. O seu traballo foi recoñecido tamén en dúas ocasión nos premios que concede a Asociación coreana de Críticos de Danza.