Dirección, Texto Orixinal e Dramaturgia: Roberto Salgueiro
Interpretación: Antía Cortegoso, Sérgio Novo, Alberto Medeiros, Marta Casais
A ASTA - Teatro e Outras Artes xúntase ao Centro Dramático Galego para, a partir da vida e obra da poetisa-escritora Rosalía de Castro, crearen unha obra teatral actual que reflita o seu pensamento e o seu legado. O proxecto conta coa creación, dirección e dramaturxia de Roberto Salgueiro, á cabeza dun elenco de 4 intérpretes galegos e portugueses: Antía Cortegoso, Sérgio Novo, Alberto Medeiros e Marta Casais.
Sinopse:
Hai unha correcta tendencia a maquillar a epiderme da obra literaria de Rosalía. En ocasións, discretamente, para pasar desapercibida. Noutras, recargada e estridente. O impacto da maquillaxe na pel pode ser perigosa, inflamando os tecidos e provocando alerxias e, quizá, como coa obra de Rosalía, sexa mellor lavala con auga de xabón natural. Prescindir de recendos, rexeitar os aderezos.
"A literatura, na medida en que se volve impotencia de revelar, querería chegar a ser revelación do que a revelación destrúe", afirma Blanchot. Nese lugar quero traballar; nese espazo de destrución, de caos, de desconcerto. No labirinto que tece o ánimo de Rosalía; nos seus lugares sen saída, na frustración do seu postigo pechado. Na súa tentativa -no seu desexo- da desembocadura calma.